
PRAZO ORDINARIO. ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS E ADSCRITOS SEN PRAZA
Do 1 ao 20 de marzo: solicitude de praza mediante modelo ED550B (alumnado que quedou sen praza na reserva ou alumnado que busca praza nun centro distinto ao de adscrición). Información na páxina da Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.
Lugar: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo (horario no IES Monelos: de 09:00 a 14:00) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.
Antes do 25 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.
As listaxes de admitidos no proceso de reserva deben comprobarse na aplicación de admisión ou no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión.
Antes do 15 de maio: listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
As listaxes de admitidos no proceso de reserva deben comprobarse na aplicación de admisión ou no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión.
Proceso de baremación
Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, será necesario baremar as solicitudes. Os criterios de baremación son os indicados no Artigo 20 da Orde de 12 de marzo de 2013.
Criterio complementario do centro (art. 28 da Orde de 12 de marzo de 2013): aquí
Mapas coas zonas de influencia
- Alumnado ESO: área 16
- Alumnado Bacharelato: áreas 16 e 24
Información adicional:
1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión para o centro no que desexe praza. De presentar máis dunha solicitude en varios centros perderá todo dereito de prioridade que puidese corresponderlle en calquera deles.
2. O alumnado que teña reserva de praza concedida en centro adscrito, deberá comunicar por escrito a este centro a súa renuncia no caso de que desexe presentar solicitude de admisión para outro centro. Esta renuncia deberá facela antes de que comece o prazo de admisión (1 de marzo).
3. O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro (porque forma parte de el e pode continuar alí os seus estudos), deberá dar comunicación neste centro se presenta solicitude de admisión para outro centro.
PRAZOS DE MATRÍCULA
Do 23 DE XUÑO AO 7 DE XULLO: matrícula en ESO e Bacharelato. Instrucións para a matrícula (PRÓXIMAMENTE)
Lugar: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo.
NORMATIVA

Preme na imaxe