Skip to Content
 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 

- PRIMEIRO DE ESO

- SEGUNDO DE ESO

- TERCEIRO DE ESO

- CUARTO DE ESO

- PRIMEIRO DE BACHARELATO

- SEGUNDO DE BACHARELATO

* IMPORTANTE:

Aqueles alumnos que se matriculen en 4º de ESO na materia de "Latín" que NON merquen o libro que se indica na listaxe.

O diccionario de inglés de Primeiro de Bacharelato ten que ser a terceira edición.

Libro de lingua galega de 1º de ESO, o ISBN correcto é: 9788499148854

Hoxe poño a miña lingua!

Xa chega o verán e non sei que poñer.

Que poñerei hoxe? Hoxe poño a miña lingua!

Presentámosvos este proxecto interdisciplinar coordinado polo EDLG do IES Monelos e no que participan os Departamentos de Inglés, Lingua Galega e Tecnoloxía, coa colaboración de Vicedirección. Moitos dos alumnos e profesores deste centro usan camisetas e suadoiros con frases escritas en inglés e pensamos…

Que tal se lle damos unha volta a isto e vemos como soarían estas frases na nosa lingua, o galego? Ou mellor…

Que tal soarían nas linguas autonómicas, catalán, éuscaro e galego?

E se usamos a moda para poñer en valor as nosas linguas autóctonas?

Así que nos puxemos mans á obra para facer un proxecto no que integrar esta industria coas linguas e este é o resultado. Contamos coa participación do alumnado do IES Monelos que aportou as camisetas e participou na tradución dos textos ao galego e tamén co alumnado do IES Urbi de Basauri (Biscaia) e do IES Son Rullan de Palma de Mallorca (Baleares), que participaron nas traducións ao éuscaro e catalán respectivamente. Ademais tivemos a colaboración de Teo, na súa primeira tarefa escolar.

Pasa o rato polo collage para ver o resultado do traballo. Quedarás abraiado!

Este proxecto non rematou…ten outra fase máis da que vos iremos informando.

Grazas a todas e todos por participar!

PIRAGÜISMO 1º DE BACHARELATO

Actividade de piragüismo organizada polo Departamento de Educación Física

na ría de Betanzos (Pontedeume)

Resumo Graduación 2021

RESUMO DA CELEBRACIÓN DA CERIMONIA DE GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE SEGUNDO DE BACHARELATO

BACHARELATO DE CIENCIAS

BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES

Camiño Solidario

 3º ESO de PMAR remata o seu camiño solidario en Santiago. O realiza o 26 de maio de 2021 despois dun curso cheo de tarefas e cousas aprendidas.

 

Santiago historia da arte (2º bacharelato) IES Monelos (2020-2021)

Excursión a Santiago do alumnado de 2º bacharelato de Historia da Arte (26-05-2021)

JAZZ THE SCHOOL

O pasado xoves 20 de Maio recibimos a visita do músico Daniel Casares, guitarrista de jazz natural de A Coruña. O evento estivo organizado polos Departamentos de Inglés e Música para os alumnos das Seccións Bilingües de Música de 2º e 3º de ESO. Tamén foron invitados os alumnos que compaxinan a súa formación no CMUS e no Conservatorio Profesional de Danza.

Durante a súa charla-concerto en inglés, Daniel ofreceunos unha perspectiva da historia do jazz dende os seus comezos ata as correntes máis vangardistas da actualidade, pasando por fitos como a era do swing, o bebop dos anos 40, etc. Ademais disto, Daniel compartiu as súas reflexións acerca do seu interese por este tipo de música, sobre o estudo da mesma a través da súa formación universitaria no estranxeiro - no prestixioso Berklee College of Music de Boston - e sobre a importancia de coñecer e dominar unha lingua como o inglés, tanto para o seu desenvolvemento profesional como persoal.

Ao rematar o concerto, os alumnos tiveron a oportunidade de intercambiar impresións e debatir acerca das músicas de actualidade e das posibilidades de adicarse profesionalmente a esta interesante forma de expresión artística.

Concurso de Microrrelatos

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER AS BASES DO CONCURSO

Campamentos Concello da Coruña

Premios extraordinarios de Bacharelato

Alumnado que rematou 2º de bacharelato e que obtivo unha media igual ou superior a 8,75 podería anotarse para participar nos Premios Extraordinarios.

O prazo remata o 26 de maio. Maís información aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut