Skip to Content

 

JAZZ THE SCHOOL

O pasado xoves 20 de Maio recibimos a visita do músico Daniel Casares, guitarrista de jazz natural de A Coruña. O evento estivo organizado polos Departamentos de Inglés e Música para os alumnos das Seccións Bilingües de Música de 2º e 3º de ESO. Tamén foron invitados os alumnos que compaxinan a súa formación no CMUS e no Conservatorio Profesional de Danza.

Durante a súa charla-concerto en inglés, Daniel ofreceunos unha perspectiva da historia do jazz dende os seus comezos ata as correntes máis vangardistas da actualidade, pasando por fitos como a era do swing, o bebop dos anos 40, etc. Ademais disto, Daniel compartiu as súas reflexións acerca do seu interese por este tipo de música, sobre o estudo da mesma a través da súa formación universitaria no estranxeiro - no prestixioso Berklee College of Music de Boston - e sobre a importancia de coñecer e dominar unha lingua como o inglés, tanto para o seu desenvolvemento profesional como persoal.

Ao rematar o concerto, os alumnos tiveron a oportunidade de intercambiar impresións e debatir acerca das músicas de actualidade e das posibilidades de adicarse profesionalmente a esta interesante forma de expresión artística.



page | by Dr. Radut