Actividades realizadas ata a data

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ (30-1-2021)

 Para celebrar o "Día Internacional da Paz" realizáronse unha serie de actividades na biblioteca do centro. A modo de exemplo mostrámosvos a seguinte.

 A actividade persegue pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entenda que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente e a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.

   Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis a acordes cunha convivencia pacífica.

 

 

A PLÁSTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A actividade a desenvolver con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pretende crear imaxes que ilustren e denuncien diferentes formas de violencia machista. Traballamos manipulando representacións artísticas diferentes que retratan a todo tipo de mulleres, e buscamos darlles un novo significado, cambiando o sentido das mesmas ao recortalas, combinalas con outras, debuxalas, borralas,... Usamos a subxectividade da linguaxe plástica para que estas imaxes transmitan unha nova mensaxe: como é estar na pel da muller que sufre violencia de xénero en algunha das seus formas ou graos. Queremos amosar a outra cara da moeda desa representación ideal feita habitualmente do mundo feminino, mostrar a cara que case sempre permanece oculta pero que existe, e que é necesario denunciar para poder cambiar. Esta actividade realízase en colaboración entre os Departamentos de Debuxo do IES Moncho Valcarce de As Pontes (cursos DAI de 1º de Bacharelato) e do IES Anxel Fole de Lugo (cursos de EPVA 4º de ESO e DA II de 2º de Bacharelato).

Todos os traballos poderanse ver na seguinte páxina.

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O  3 de decembro celébrase o  DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, para dar a coñecer esta realidade o alumnado de 4º de ESO participou na charla online da asociación AESLEME (asociación para o estudo da lesión medular espiñal na condución) , “Si controlas, vuelves” coa que se pretende concienciar  ás alumnas e alumnos dos perigos de conducir baixo os efectos do alcohol e as drogas. 

 

CAMBIO CLIMÁTICO

No último ano, o co2 saíu da súa invisibilidade e foi a especie química máis coñecida entre diversos sectores da poboación das pontes, nomeadamente pola súa relación co cambio climático e co peche da central térmica, efectos globais e locais con moi diferente percepción.

Pero é só o co2? É só o sector enerxético? Que son os gei? Cales son? Como comparar a  súa potencialidade? De onde proceden as súas emisións de orixe non natural? Onde se pode actuar?

           

                                                         

                                  

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     

Un ano máis, o IES Moncho Valcarce quere mostrar a súa solidariedade con todas as vítimas da violencia de xénero.

"Nin unha máis nin unha menos"

 

Ao longo da semana pasada realizáronse no Centro diversas actividades conmemorativas do 25N levadas a cabo polos Departamentos de Relixión, L. Castelá e o equipo da Biblioteca.

              

GRADUACIÓN 2017/2018

 

Parabéns e moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!! 

25/5/2018

 

CLASE LÚDICA DE INGLÉS

 

O pasado luns 13 de abril, estivo no noso instituto Luke que é de Liverpool; a editorial Burlinghton Books, ofreceunos a posibilidade de que Luke lles impartira ó noso alumnado de 1º ESO, unha clase na que lles ensinou diversos aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e totalmente interactivo, xa que utilizou xogos e concursos para conseguir que os rapaces e rapazas se implicaran totalmente e dun xeito activo e divertido nesta actividade ó mesmo tempo que adquirían novos coñecementos sobre Gran Bretaña e as súas costumes.


                                               UNHA ACTIVIDADE PARA REPETIR!!!

 

Distribuir contido