Skip to Content

A “NOSA” VISITA A ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICA- CIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

O pasado outubro o alumnado de TIC e Tecnoloxía Industrial de 2º BAC. máis o de Tecnoloxía de 3º e 4º da ESO saímos en órbita cara a Universidade de Vigo para coñecer o mundo dos nanosatélites. O día estaba coma o Universo sideral: oscuro, húmero e misterioso, a pesar do cal, como todos os satélites fan descubrimos mundos fascinantes.

Por Miguel Loureiro, Tecnoloxía 3º ESO B

O luns 15 de outubro o alumnado da NOSA estivemos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, convidados pola spin-off galega ALEN SPACE que se puxo en contacto con nós con motivo do lanzamento da MarumaSat III.

Comenzamos cunha breve visita a sala limpa onde puidemos ver o cuarto nanosatélite que están rematando de fabricar: o LUME1; observamos a súa complexidade e explicáronnos o custo que supón a súa fabricación e posta en órbita. Para poder entrar na sala branca, proporcionáronnos un mono, unhas bolsas de plástico para por nos zapatos e unha redecilla para a cabeza e, deste xeito, non contaminar as instalacións co polvo do exterior. Rematada a visita ao satélite dirixímonos á sala de conferencias onde Aaron Nercellas, enxeñeiro da empresa, deu unha charla na que aprendemos os tipos de órbitas dos satélites, qué e un nanosatélite e a montaxe do modelo que estan a fabricar alí. Tamén amosou moito interese no noso proxecto e animounos a continuar traballando e aprendendo.

 O LUME 1 é un cubeSat, con medidas estandarizadas de 10*10*20 cm e para o seu lanzamento situarase no interior dun pequeno habitáculo da nave espacial Soyuz, de xeito que cando chegue a altura desexada ó nanosatélite será exectado con axuda duns resortes e posto en órbita. O lanzamento terá lugar o 25 de decembro desde Rusia.

Como conclusión podo dicir que foi unha saída moi interesante e que, sen dúbida, seranos útil no noso futuro.



page | by Dr. Radut