Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2016/2017

LER NAS ARTES

O IES MENDIÑO quixo sumarse á campaña deste curso 2016-2017 das Bibliotecas Escolares “Ler nas Artes”e, asemade, aproveitar que este é o ano adicado a conmemorar a figura de Carlos Casares no “Día das Letras” coa realización de diferentes actividades que van ter como elo común a literatura e o cinema.

Para iso propúxoselle a tres niveis educativos do noso centro a lectura de obras de Carlos Casares:

 - Vento ferido (4º ESO)

-  Ilustrísima (1º Bach.)

-  O galo de Antioquía (2º Bach.)

 Seguindo as directrices da nosa biblioteca e en colaboración con outros departamentos, fundamentalmente o de Lingua Galega e Literatura, decidimos centrarnos nas artes audiovisuais: na banda deseñada e, sobre todo, no cine e o “audiovisual” (curtametraxe, cine, documental). Para isto, contamos con:

  • Conferencia do periodista Emilio Varela, especializado en temas científicos, quen deu unha charla para 4º de ESO e 1º de Bacharelato ilustrada con audiovisuais centrados na vulcanoloxía e na ecoloxía.
  • Charla co actor Federico Pérez de 3º e 4º de ESO. Proxectouse a película “Encallados” e a partir do seu visionado levouse a cabo un coloquio sobre do mundo da interpretación.
  • O noso especialista redondelán en cine, periodista e escritor, X.A. Xesteira visitounos tamén para falar cos de 1º de Bacharelato sobre o cine e os cines en Redondela. Non só falou sobre deses edificios xa desaparecidos e as películas que neles se proxectaban, senón da súa intrahistoria.
  • Encontro co escritor e tamén guionista Carlos Vila Sexto, que lles falou da súa novela O enigma de Caronte, do seu labor e experiencia como escritor, pero tamén do seu traballo de guionista.
  • Encontro con Fernando Carrera, “Cuchi”, artífice do certame nacional de recoñecido prestixio “Redondela en curto”, no que non só falou deste tema senón que realizou un taller onde, a partir dunhas breves explicacións sobre técnicas cinematográficas e audiovisuais básicas, se promoveu que o alumnado gravase, con algo tan simple como un teléfono móbil, unha minicurtametraxe de un ou dous minutos a partir dunha idea.
  • Encontro coa académica Margarita Ledo Andión para continuar falándonos do mundo audiovisual galego e a súa situación pasada, actual e futura. Acompañou a súa charla de varias proxeccións que ilustraron a mesma. Entre elas, visionáronse os anacos que se conservan da primeira película feita en Galicia, baixo a dirección de Pepe Velo.

 

 

Banda deseñada Mendiño'17

A Biblioteca do noso centro quere sumarse este curso ao lema das Bibliotecas Escolares de Galicia “Ler nas artes”. Para iso propuxo diversas actividades (das que iremos informando) a distintos Departamentos. Unha delas foi ideada para 3º de ESO, tendo en conta que na programación da área de Lingua Galega e Literatura se traballa a banda deseñada. Os alumnos e alumnas deste nivel educativo baixaron á biblioteca e elixiron cómics para ler; logo, nas aulas traballaron as características e elementos da banda deseñada; fixeron os grupos, pensaron os guións, repartiron as tarefas e puxéronse mans á obra. O EDNL e o Departamento de Educación Plástica tamén participaron neste proxecto.

 E o resultado foi o que agora vos presentamos e que agardamos sexa do voso agrado. Banda deseñada'17

 

 

 

Acta do xurado do I concurso de marcapáxinas

I Concurso de marcapáxinas

 

Contada na Biblioteca municipal

O día 7 de novembro de 2016, os alumnos e alumnas  de 1º de Bach. asistiron a unha sesión de contacontos. Actividade xurdida por iniciativa da Biblioteca Municipal de Redondela en colaboración da Biblioteca do noso centro. Oralidade no mes de novembro que non podería xirar máis ca sobre o tema do medo. Historias fiadas, aparentemente guiadas polo fluír espontáneo da conciencia; pero, no fondo, traballo rigoroso de posta en escena a cargo de Charo Pita; a actividade naceu da mesma inspiración que ditou ao ilustrador Edward Gorey as súas famosas ilustracións, expostas no multiusos municipal da Xunqueira, do 17 de outurbro ao 4 de decembro.
Compartimos espazo con membros de Aspavi, integración e oralidade da mesma man.

 

 

Colaboración co ENDL

Ás nosas mans acaba de chegar a primeira publicación editada no noso centro: “Os contos de medo” do Mendiño; actividade ben interesante lanzada desde a nosa Biblioteca,  en colaboración co EDLG e co Departamento de Lingua Galega e Literatura.

A lectura, as tradicións, a imaxinación e a creatividade literaria e artística xuntas!!!

 

Se queredes veles premede en: Contos de medo

.

 

Medo no Mendiño

O medo petou nas portas das aulas do Mendiño. E o alumnado decidiu ceibalo nas clases. Mans nerviosas escribindo e debuxando os pesadelos máis desacougantes, as historias máis incribles, os ambientes máis tenebrosos, os personaxes máis macabros... Historias de lobishomes, de afogados, de almas perdidas, de sucesos estraños...vagan polas páxinas do novo número  dos “Contos de Medo” do Mendiño.

 

E nesta semana de defuntos unha exposición sobre debuxos do libro Os pequenos macabros do ilustrador Edward Gorey, situada na entrada do noso centro, serve como aperitivo desas historias de medo que os nosos rapaces e rapazas están a crear e das que vos achegamos un pequeno avance mentres non están impresos os exemplares do noso caderno de medo…

 

.

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut