Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2013/2014

Xincana literaria

 

O alumnado de 2º de ESO participou nunha interesante e divertida xornada, o 16 de xuño, de xogos literarios sobre da figura homenaxeada este ano no “Día das letras”, Xosé Mª Díaz Castro.

A actividade foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Redondela en colaboración co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do noso IES Mendiño.

O noso agradecemento a ambos os dous equipos normalizadores por levaren adiante esta actividade ben interesante, tanto desde o punto de vista pedagóxico como literario e mesmo de lecer.

Para ver as fotos premede aquí.

 

 

Premios Jules Verne de investigación en lingua galega

Aproveitamos este espazo para felicitarmos  ás nosas alumnas:

                   - Silvia García Novelle

                   - Uxía Martínez Lago

                   - Rocío Toucedo Rodríguez

                   - Claudia Roza Vidal

 e ao noso alumno:

                   - Nicolás Álvarez Blanco

  de 3º de ESO do noso centro por gañaren este 1º Premio, convocado polo Concello de Redondela co traballo cuxo título é “Cesantes e o mar”.

Os nosos parabéns para estes nosos rapaces pola estupenda tarefa realizada e, asemade, o noso agradecemento ao noso concello que, a través da Concellalía de Ensino, o fixo posible.

  

Ponte nas Ondas

 

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO tiveron a oportunidade neste curso de participaren no extraordinario programa “Ponte nas ondas” -que vai xa pola súa XX edición- dentro do programa radiofónico que se emitiu en directo o día 30 de maio, e que aínda se pode escoltar a través da páxina desta organización cultural e pedagóxica que tanto e ben leva traballando a prol da cultura de noso.

Esta foi unha das actividades encadradas no programa de Bibliotecas Escolares e Públicas do noso concello. O tema que nós tratamos foi “A Festa da Coca”.

 Deixámosvos aquí unhas fotos do día da gravación e a gravación para que poidades escoitar a participación dos nosos mendiños e das nosas mendiñas máis cativas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día das Letras Galegas

A música e a palabra encheron o salón de Usos Múltiples do noso centro nesta data. Aínda que sabemos que cómpre traballarmos arreo a prol do uso normal da nosa lingua todos e cada un dos días, decidimos  celebrar –do mesmo xeito ca en anos anteriores- un recital poético musical no que TODO O ALUMNADO da materia de MÚSICA, dirixido pola súa profesora, Josefa Osorio, interpretou diferentes pezas musicais de distintas épocas e con diferentes estilos. Léronse tamén poemas do autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.

Temos na cafetería do noso centro unha exposición sobre da vida e obra deste autor

Queremos felicitar á nosa compañeira Josefa por ser quen de conseguir algo tan difícil: que TODO O ALUMNADO interprete algunha peza musical.

Queremos, desde aquí, convidarmos a seguirmos sendo nós. A utlizarmos a nosa fala ceibe, sen prexuízos; co corazón e a normalidade que lle son de xustiza. Pois, como dicía o poeta Manuel Antonio: “A nosa fala é nosa; pospola a calquera outra é unha forma de suicidio”.

 

  Lectura dos poemas      
2º ESO

 

3º ESO

 

 4ºESO

 

1º Bacharelato

 

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut