Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2013/2014

Premio literario

 

 

Noraboa á nosa alumna de 1º de Bacharelato Lucía Fernández Domínguez polo feito de ser seleccionado o seu poema “Galicia en llamas” polo Centro de Estudios Poéticos (Madrid).

A súa poesía será publicada no libro La vida es verso, que será publicado no mes de setembro deste ano 2014.

 

 

 

 

Premios do concurso literario “DA REBORAINA 2014”

 

Outro ano máis o noso instituto está de noraboa. Nesta ocasión, a alumna de 1º de ESO Claudia Kaulbark Amoedo acadou o 2º premio neste certame literario, co relato titulado “O cambio de Leire” e o alumno de 2º de ESO, Miguel Rancaño Míguez obtivo o 3º premio polo conto “Os fantasmas da consciencia”.

Os nosos parabéns para estes dous alumnos e o noso agradecemento ao Colexio Santo Paio de Abaixo de Reboreda polo seu empeño e entusiasmo, na procura de inquedanzas literarias na fantasía e imaxinación dos rapaces e rapazas do noso concello.

Deixámosvos a referencia desta súa páxina para que poidades comprobar o moito e ben que están a traballar desde este centro público de Reboreda:

http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/

 

 

 

Día mundial do libro

Marcapáxinas, chapas e unha rifa para participar no sorteo da película “El nombre de la rosa,  baseada na novela de Umberto Eco é o que recibiron aqueles rapaces e rapazas que pasaron pola nosa biblioteca a buscar un libro.

 


24 de outubro: Día das bibliotecas

Para conmemorarmos o Día internacional das Bibliotecas, este ano participamos nun proxecto común das Bibliotecas Municipais e Escolares do noso concello.

Consistiu nunha lectura realizada por bibliotecarios e bibliotecarias das mesmas de textos literarios que fan referencia ás bibliotecas. Ao longo de todo o día 24 emitíronse estas lecturas na Radio de Redondela, pero se non puidestes escoitalas, velaquí as gravacións emitidas que recollen os textos que leron as nosas profesoras do IES Mendiño:  Catalina Míguez, Rosa González, Pilar Cornes e Paula Espinosa.

Catalina Míguez   Pilar e Rosa  Paula

Fragmento de "La historia interminable" de Michael Ende

Fragmento de "Libro das alquimias" de Xesús Constenla

Fragmento de "La sombra del viento" de Carlos Ruíz Zafón

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut