Ligazóns importantes
Rueiros de microtoponimia
Grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e ao EDLG do noso centro, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de acompañar a Alberto Román Losada, membro do colectivo Trespés, por diferentes rúas da vila redondelá.
As inclemencias metereolóxicas déronnos un respiro e, por fin, logo de adiar por dúas veces este encontro, o día 18 de maio, puido levarse a cabo.
Vimos a nosa vila cos ollos que o devir histórico e as palabras do noso guía ía verquendo a medida que ascendiamos a partir da rúa Cabo dos Fumeiros. Logo dun percorrido pola zona alta da vila, desembocamos na Praza da Constitución. Despois de vermos esta zona desde a perspectiva co que se faría hai séculos, perseguimos a arela do mar.
Grazas por facernos ver o noso espazo con outros ollos.
.