Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Primeiro libro de lectura

Iniciamos a nosa andaina este novo ano académico. O noso primeiro libro de lectura para este curso: é "Camiño na auga" de Manuel Núñez Singala.

 

O protagonista, Szymo, un negro albino sometido a persecución polas súas particularidades físicas -o que na novela se denomina un dili, isto é, obxecto de negocio para determinadas prácticas rituais-, vese obrigado a saír da súa aldea e iniciar así un longo percorrido que vai desde as beiras natais do lago Vitoria ata Europa, devorando centos de quilómetros e loitando contra os elementos e as hostilidades coa única compaña dun compás invisible na man que lle marcará o seu norte: salvar a propia vida, superar os estigmas da diferenza e mirarlle á cara ao destino que a cor da súa pel probablemente lle depararía.

 

Reunímonos a finais de novembro. Estade atentos á convocatoria.

 

 

 

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



story | by Dr. Radut