Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Silvia Avelleira, Candela Crespo, María del cueto e Sabela Gunche finalistas no concurso Móvete

Parabéns ás alumnas: Silvia Avelleira Bastos, Candela Crespo Acuña, María del Cueto Mouriño e Sabela Gunche  Barreiro.

O vídeo que elaboraron en 1º de Bacharelato  (“Podo chamarlle nación” ) está entre os tres finalistas do concurso Móvete organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, na categoría Conmóvete co galego na modalidade de grupo. Foi seleccionado entre traballos de toda Galicia.

O día 22 de outubro estaremos no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC no acto en que se dará a coñecer o gañador.

Nós, no Mendiño,  xa gañamos con estas mozas que demostraron como hai que facer para que a nosa lingua siga sendo nova, viva e chea de mensaxe.

Deixámosvos aquí o enlace para que poidades gozar  do seu magnífico traballo.

 

Hora de lectura. Primeiro trimestre do curso escolar 2021-2022

O día 1 de outubro comezamos a actividade de hora de lectura, que forman parte das medidas para o fomento da lectura que leva a cabo o instituto.

Ao longo do trimestre, seguindo o calendario que achegamos, o centro disporá un momento onde o alumnado poderá ler aqueles libros que máis lle interesen. É un actividade pensada para gozar do pracer de ler.

Todo o alumnado do centro é coñecedor do calendario trimestral da hora de lectura, necesario para que poidan traer ao centro os libros e lecturas que máis lle interesen.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2021-2022

O inicio do curso escolar 2021-22 terá lugar este mércores 15 de setembro de 2021.

Co fin de faciltar o acceso ao centro e evitar aglomeracións na entrada no centro, o horario de entrada será o seguinte:

- 8:30 h.: Alumnado da ESO.

- 11:10 h.: Alumnado de Bacharelato.

Prégase puntualidade e que respecten as indicacións do profesorado que fará a acollida do alumnado.

Aproveitarase o servizo de bus escolar, polo que as clases seguirán o horario habitual do curso, saíndo o alumnado ás 13:55 h.

Unha aperta, e que este ano sexa proveitoso para toda a comunidade educativa do IES Mendiño.

A dirección do IES Mendiño

Traballo sobre a figura de Xela Arias

Os departamentos de música e de lingua galega achéganonos un traballo sobre a figura de Xela Arias realizado por alumnas de 1º de bacharelato. Parabéns polo traballo realizado.

 

Figura de Xela Arias

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2021-2022

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2021-2022 (Orde de 6 de maio de 2021. DOG do 2O de maio de 2021).
Poden consultala no taboleiro de anuncios do centro. O prazo de reclamación é de dous días: luns 12 de xullo e martes 13 de xullo de 2021.

Atte,,

A dirección do IES Mendiño

Blog da biblioteca

Para acceder ao blog da biblioteca pincha na seguinte imaxe:

 

▷ Bibliotecas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Parabéns aos nosos alumnos Alexandre Lago e Pablo Savino

Parabéns aos nosos alumnos de 2º de bacharelato Alexandre Lago e Pablo Savino pola mención que lle acaban de conceder no concurso Explícoche matemáticas 2.0. Un vídeo feito por eles que podemos ver a continuación.

APLAUSO - Cosas de una Bailarina - Noticias de última hora sobre la  actualidad en España

 

   

 

 

 

Calendario de setembro de 2021 para o alumnado

Podedes descargar das seguintes ligazóns,  o calendario de setembro para o alumnado onde aparecen as datas máis salientables (notas, período de reclamacións, devolucións de libros e matrícula) así como os días e as horas dos exames de setembro.

 

Calendario de setembro de 2021

 

Exámenes de setembro de 2021

Recomendacións lectoras para o verán

Xa están aquí, despois de moito traballo e despois dun curso tan especial, por fin chegaron as merecidas vacacións. É a época de descansar e disfrutar do bo tempo e tamén podemos disfrutar da lectura. O equipo de biblioteca achéganos unha serie de recomendacións para ler neste verán.

 

Boas vacacións e a disfrutar da lectura AnimatedGIFsFantasybookoflife_thumb[2].gif (930×629) | Beautiful gif,  Animated images, Animated gif

 

Recomendacións lectoras para o verán

Maios 2021

O equipo de dinamización lingüística achéganos  a revista das coplas dos maios de 2021 e un arquivo de audio onde o alumnado de 3 ESO C cantan os maios neste curso tan especial.

 

Parabéns a tod@s

 

 

 

Para ver a revista preme na seguinte imaxe

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut