Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2014/2015

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O noso centro, o 23 de febreiro,tamén se sumou aos actos celebrados no noso país na honra da nosa escritora Rosalía de Castro. Amais de lembrala en practicamente todas as clases, no tempo do recreo, tivemos unha lectura pública de diferentes poemas da autora. Rapaces, rapazas e profesoras interiorizaron textos da poetisa e puxéronlles voz e sentimento. Pablo, Silvia, Iria, Uxía, Pilar e Catalina leron fermosos poemas que falan de inxustizas, de medos, de desacougos…O acto rematou co poema “Negra sombra” na voz de Alba, unha alumna de 3º de ESO que puxo non só a súa fermosa voz senón tamén o seu corazón ao recitar cantando esta poesía.

 

 

VISITA A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha visita, o 5 de febreiro, a diferentes facultades da Universidade de Santiago. Puideron coñecer aquela na que lles gustaría estudar dentro de pouco. O tempo vai pasando e xa se achega o momento de facer plans. E para iso, nada mellor que ir coñecendo lugares nos que, se cadra, dentro de pouco máis dun aniño poden estar.

Unha vez máis, os nosos parabéns polo seu marabilloso comportamento e a súa especial atención.

 

 

 

ENTROIDO 2015

Risos, deporte, lambetadas, música, baile, disfraces… O Entroido inzou cada recanto do noso centro. Festa rachada a partir das 11 horas. Ambiente de ledicia e amizade.

Houbo un torneo de futbito para o alumnado de ESO, e de ping-pong para todos os rapaces e rapazas; un concurso de doces: filloas, orellas, galletas, tortas; un concurso de disfraces e música a rachar…

Para ver as fotos preme aquí.

 

 

VIAXE CULTURAL A ROMA E FLORENCIA

O alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Relixión, acompañado polas profesoras Almudena Suárez Cerviño e Catalina Míguez Vilas, acaba de regresar da súa  magnífica viaxe cultural a Roma e a Florencia.

Hai tanto que contar, tantas imaxes que amosar, tantas emocións que explicar..., imposible dar conta do que para todos/-as supuxo visitar o Coliseo, os Foros Romanos, as principais basílicas, o Vaticano, as sinxelas igrexas románicas, as espectaculares igrexas barrocas co Il Gesù como “number one”... Aínda que sempre nos acollerá con agarimo Santa Maria sopra Minerva co seu primor gótico ou Santa Maria in Trastevere, cos seus mosaicos espléndidos.

E non esquecemos as fontes porque a auga de Roma, como dicía Rafael Alberti, é “infinita insistencia corredora”...; as prazas, os fermosos mosaicos, o chan de Cosmati, os cadros de Caravaggio, o barrio do Trastevere, a illa Tiberina...

E na cidade de Florencia abraiamos ante o conxunto monumental na piazza del Duomo ou cos cadros da pinacoteca dos Uffizi. Paseamos ás beiras do Arno, cruzamos Ponte Vecchio, deambulamos polas rúas florentinas na procura de Dante e de Beatrice...

Como viaxeiros/-as desexamos voltar a Roma, pois esta cidade eterna é moitas cidades, hai nela infinidade de fermosos recunchos que agardan por nós para darnos sempre sorpresas en cada nova viaxe.

En fin, puidemos corroborar in situ o que afirma Javier Reverte: “son nuestros sentidos quienes nos hacen viajeros [...] el secreto del arte de viajar está en saber abrirse a las sensaciones antes que a la reflexión”.

Ci vediamo, allora, bellisima Roma!

As fotos as tedes na opción "AS NOSAS FOTOS"

 

 

TEATRO EN SANTIAGO: "A METAMORFOSE"

Os Departamentos de Relixión, Lingua Castelá e Lingua Galega levan o alumnado de 3º de ESO a Santiago, o 3 de febreiro. Primeiro gozan dunha visita á catedral e ás fermosas rúas e prazas que a rodean e, despois, asisten á representación dunha versión libre inspirada na obra de F. Kafka A metamorfose, que puxo en escena o grupo de teatro “Elefante elegante” e que levou o alumnado a mergullarse nese mundo alienable no que vivimos arestora: os desahucios, o abuso dos bancos… invitando á xente a rebelarse contra o sistema.

Desde logo que ficaron ben impresionados!!!

Preme na foto para velas todas

 

 

 

 

"DIAMANTES NEGROS"

Un ano máis o alumnado de Relixión da ESO asistiu, o 2 de febreiro, ao Ciclo de Cine Social de Cáritas. Neste caso a película foi “Diamantes negros”, coa que cuidemos reflexionar sobre a outra cara do mundo do fútbol: o fútbol como engano, negocio, racismo, violencia…

O alumnado, aínda que entristecido polo final realista da historia, saiu engaiolado. Unha película, sen dúbida, para pensar!

Premede na foto para ver as demais.

 

 

 

 

30 DE XANEIRO: "DÍA DA PAZ"

O instituto Mendiño celebrou polo grande este día pois a ocasión ben o merece. Poemas, cancións, exposicións, debuxos, chapa da paz… foron os protagonistas dunha xornada na que a creatividade do noso alumnado se mergullou co desexo fondo de que a humanidade sexa lugar de encontro de todas as persoas, máis aló das fronteiras que temos debuxadas.

 

A chapa conmemorativa do día da paz a fixeron Pablo Rodríguez e Luis M. López, alumnos de 4º de ESO.

 

Preme na chapa para ver as fotos.

 

ASISTENCIA Á REPRESENTACIÓN DE "DIVINAS PALABRAS"

O Departamento de Lingua castelá levou, o 20 de xaneiro, rapaces e rapazas de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato a unha magnífica representación teatral da obra de Valle-Inclán Divinas palabras no cine do colexio Salesianos. Logo pudieron visitar o pazo “Quiñones de León” e pasear polo seu impresionante xardín.

 

 

.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OS ESTUDOS NA UNIVERSIDADE DE VIGO

O Xefe de Servizo de Extensión Universitaria, Ricardo Corderí Salgado, estivo co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato para informalos de xeito claro e directo sobre dos estudos que se poden cursar na Universidade de Vigo.

Vaia desde aquí o noso agradecemento por nos achegar no propio centro esta información.

Deixámosvos este enlace da universidade de Vigo:  www.uvigo.es

 

                                                         Guía Universidade de Vigo

 

 

 

VISITA AOS MUSEOS CORUÑESES

O Departamento de Ciencias levou o alumnado de 3º e de 4º de ESO á Coruña. Alí tiveron todo un día “científico”: visitaron o Domus, o Acuario, a Casa das Ciencias e o Planetario. Viron, aprenderon, experimentaron e pasárono ben. Está claro que aprender e divertirse son, moitas veces, termos complementarios.

Premede nesta foto para velas todas.

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut