Neste mes de novembro toca renovar o Consello Escolar do IES Mendiño. Iniciamos un proceso electoral que terá a súa fin nas eleccións que terán lugar a finais de novembro, para constituír o novo consello escolar na primeira semana de decembro de 2022.
Nestas eleccións temos que renovar ás seguintes persoas membros:
- 2 persoas no sector alumnado.
- 1 persoa no sector familia.
- 1 persoa no sector do persoal non docente.
- 3 persoas no sector do profesorado.
Desde a dirección do centro animámosvos a participar, tanto para exercer o voso voto como para presentarvos de candidatas e candidatos. A nosa experiencia mostra a importancia dun consello escolar acitivo, onde estean representados todos os sectores da nosa cumunidade educativa.
Iremos achegando na páxina web do centro toda a información do proceso electoral, comezando pola notificación do sorteo público que terá lugar este 28 de outubro, ás 9:30 h, no despacho de secretaría do IES Mendiño, onde se designarán as/os membros da xunta electoral que será a encargada de organizar todo o proceso electoral.
Atte.,
José Antonio Martínez Domínguez
Director do IES Mendiño