Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2015/2016

Visita ao teatro, representación de "La Celestina"

O alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de PDC, acompañados polas profesoras Rosa González Carballás e Catalina Míguez Vilas, acudiron o 2 de marzo á representación de La Celestina no cine Salesianos de Vigo. Esta adaptación do texto de Fernando de Rojas, pensada para público escolar, correu a cargo dunha compañía teatral de Madrid que realiza xiras por toda España dentro do programa da sociedade Recursos Educativos.

Logo da función o público asistente disfrutou dun divertido coloquio coa actores e, aproveitando a proximidade entre o teatro e o forte de San Sebastián puidemos disfrutar dunha interesante explicación histórica por parte da profesora Rosa e das impresionantes vistas da ría de Vigo desde esta privilexiada atalaia.

 

24 de febreiro: Día de Rosalía

O noso IES celebrou o Día de Rosalía:


"Trocando en sonrisas
queixiñas e choros"

 

Versos ceibes de Cantares Gallegos e Follas Novas nas aulas.
As imaxes da autora invitáronnos a expresar versos cheos de optimismo.
Velaquí as fotos que non minten.

 

 

 

 

 

O entroido 2016

Un ano máis celebramos o Entroido. Durante toda a semana fomos quentando motores e preparando o ambiente, aportando cada día unha idea para írmonos iniciando no disfraz: un día todos con gafas, outro día todos con algo na lapela, outro un lazo vermello, ou algo no pescozo noutra xornada.

E así ata que chegou o venres, e, a partir do recreo, todos e todas cos nosos disfraces participamos na festa.

Houbo concurso de mates e triples no pavillón (os gañadores foron Adán Amoedo Millán no de triples e Pablo Núñez Rodríguez no de mates).

Asemade, no vestíbulo do centro tivo lugar o xa tradicional concurso de doces, que nesta ocasión gañou Nicolás Álvarez Blanco cunha espléndida torta de limón. Tamén obtiveron premio os postres de Adrián Carreira Martínez e Antía Blanco Balado.

E, por fin, chegou o esperado desfile de Entroido, seguido de baile.

Hai que destacar as dúas sorpresas deste ano. Unha foi a “mini-representación” de HESTARGUARS en cafetería, onde descubrimos a faceta de actorazos de Carlos e Fon (impresionantes!!). E grazas a Nadia por facer de apuntadora.

A outra sorpresa foi a “chourizada”, que permitiu que, a golpe de pan con chourizo, todo o mundo puidese matar a fame que se ía acumulando con tanta troula. Ollo! Non quedou nada. Só a grella manchada e as mans dos que facían os bocatas (grazas a todos os que colaboraron) recendendo a chourizo que daba gusto.

Para o ano máis.

Preme na imaxe para ver máis.

 

 .

 

Día da Paz 2016

O venres 29 celebramos o Día da Paz. Como noutras ocasións participamos todos os membros da comunidade educativa. Dende a Biblioteca e en colaboración cos Departamentos de Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá, Relixión, Música e Plástica, preparáronse múltiples actividades para que todos fosemos ao tempo protagonistas das mesmas.

Así, no vestíbulo do centro levantamos a nosa particular Árbore da Paz, na que os alumnos máis pequenos penduraron as súas pombas, ateigadas de mensaxes e vivas cores. Outra Árbore, deseñada polos alumnos de 1º de Bacharelato de Debuxo Artístico, decorou a cafetería, e no seu tronco escribíronse as mensaxes, textos e poemas, elaborados polos distintos cursos de ESO e Bacharelato.

O acto central foi o recital poético-musical que se celebrou en Usos Múltiples, e no que interpretaron diferentes pezas (clásicas, tradicionais, populares…) os alumnos e alumnas de 2º e 4º de ESO, así como de 1º de Bacharelato. Entre elas intercaláronse poesías recitadas por alumnos de 2º de ESO.

Xa no recreo, e como colofón, Jaime García removeunos a conciencia co seu rapeo sobre a Paz, recibindo os aplausos de todos tras da súa fantástica actuación.

Preme na foto para velas todas:

 

 Actuacións musicais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita aos Museos de A Coruña do alumnado de 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO, acompañado polas profesoras do Departamento de Ciencias Naturais,  viaxou a Coruña o 18 de xaneiro para visitar os Museos: o Domus, o Acuario, a Casa das Ciencias e o Planetario. Se ben o tempo non acompañou, alomenos deu tregua para que disfrutasen da xornada, resultando, un ano máis, e coma sempre, moi gratificante e instrutivo para todos/as.

 

.

Asistencia á representación teatral en francés do alumnado de 1º e 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu o día 18 de xaneiro a unha representación teatral en francés que se celebrou en Vigo, Notre Dame de Paris, escrita por Víctor Hugo. O alumnado disfrutou e voltou encantado porque comprobou que foi quen de seguir a representación sen problema ningún. E é que aínda que non se entendese absolutamente todo, a posta en escena permitía comprender o argumento e as acción.

En conclusión, unha boa forma de inmersión lingüística na lingua francesa.

Por se queredes ver algún fragmento, velaquí o enlace:  https://youtu.be/oJPAZITz2MA

 .

Visita ao Museo de Pontevedra

O día 17 de decembro o alumnado de 2º de ESO visitou o Edificio Sarmiento e o moderno Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Fixo un pecorrido a través do tempo; desde a Prehistoria até a Historia Antiga de Galicia, do Paleolítico á Romanización: o megalistismo, os castros, os útiles de pedra máis antigos, pezas de ouro e bronce, torques castrexos...

Despois disto, veu un salto no tempo a través das atinadas palabras da guía do Museo que conduciron o alumnado a través da vida e a obra de Castelao e, en certo modo,  a través da vida na Galicia da primeira metade do século XX: a pobreza, a emigración, o caciquismo, a fermosura da paisaxe galega...

Rematamos a visita na sala visualizando as fotografías do famosos fotográfo de Soutelo de Montes, Viéitez, que impactaron aos nosos rapaces e rapazas.

O noso agradecemento ao Museo de Pontevedra e á Deputación que permitiu que esta interesante saída didáctica puidese levarse a cabo.

 

 

Microrrelatos da Semana para a eliminación da violencia de xénero

 

 

 

Semana para a eliminación da violencia de xénero

No IES Mendiño na semana do 23 ao 27 de novembro estivemos realizando actividades nas que participou tanto profesorado como alumnado para reivindicar a erradicación da violencia de xénero. Algunhas das mostras están expostas no centro, e a través delas pódese aprezar o enorme esforzo e a capacidade creativa de todos os participantes.  Por todo isto debemos agradecerlles a súa colaboración.

O luns construíuse un enorme lazo que ocupa parte do porche coas pegadas das mans de todos os membros da nosa comunidade educativa para frear a violencia.

O martes, durante o recreo, léronse publicamente  microrrelatos  sobre “Violencia de xénero”, ao igual que se puideron ver expostas  obras plásticas alusivas ao tema. Tanto uns como as outras elaboráronse para participar no concurso convocado polo centro, que procuraba que se tentase dar unha visión positiva da cuestión, aludindo sempre a que hai saída a esta situación.

O mércores colocamos, tamén no porche, un gran mural con siluetas de mulleres que conteñen lemas a respecto do tema que nos ocupa.

O xoves repartíronse cintas violetas realizadas y decoradas polo alumnado, que todos portamos  como pulseiras.

Por último, o venres deuse lectura aos microrrelatos gañadores e entregáronse os premios correspondentes, tanto deste concurso  como do de obras artísticas.

Concurso de microrrelatos

1º Premio: Manuel Iglesias Otero e Uxía Martínez Lago de 1º BACH A

2º Premio: Aroa López Machado de 1º ESO

3º Premio: Carla Durán Couñago de 4º PDC

Concurso de plástica

1º Premio: Gloria Perrino Raña de 4º PDC

2º Premio exaequo: Inés Pérez Couñago de 1º BACH A e Carla Regueira Iglesias de 3º ESO A.

Preme nas fotos para visualizar todas.

 

 

 

3º ESO no Teatro Principal: "O Principio de Arquímedes"

O xoves, 19 de novembro, o alumnado de 3º de ESO desprazouse a Pontevedra ao Teatro Principal para ver a obra teatral O Principio de Arquímedes,  interpretada polo grupo “Teatro de Atlántico”.

O alumnado asistente á representación volveu ao centro moi satisfeito por poder participar nesta actividade que os sorprendeu e que os fixo reflexionar a respecto de diferentes cuestións: os riscos das redes sociais , certos dilemas e conflitos morais, as apariencias...

A nosa noraboa aos protagonistas que souberon sementar no auditorio un clima de inquedanza e agobio que viviu como se fose seu. A representación deu moito para pensar e tamén para falar. Desde logo, non deixou indiferente a ninguén. Todo o alumnado participou nunha posta en común reflexiva e crítica que se fixo na aula a posteriori da representación: unha vez máis, problemas da vida cotiá presentes na música, no cinema e, claro está, no teatro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut