Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2013/2014

Charla sobre agricultura ecolóxica

O luns, 24 de febreiro, pola tarde, alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato asistiron a unha charla no noso centro impartida por unha “mendiña”: Belén Entenza, organizada polo Departamento de Ciencias Naturais.

A partir das claras e emocionadas palabras da conferenciante, tivemos contacto coa agricultura ecolóxica, coa maneira de vida de antano e de hogano, cos costumes e tradicións,; en definitiva, coa nosa idiosincrasia. Mais tamén puidemos analizar as consecuencias desta sociedade capitalista nun mundo globalizado no que o que os cartos mandan por riba de todo.


Visita as Facultades da Universidade de Santiago

Do mesmo xeito ca en anos anteriores, o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato visitou facultades da Universidade de Santiago o 19 de febreiro. Coidamos que foi unha experiencia interesante para os nosos rapaces e rapazas pois, dalgún xeito, supuxo o primeiro contacto co seu futuro próximo: os estudos universitarios. Ben certo é que algúns alumnos quedaron moi satisfeitos coa visita á facultade elixida por eles mesmos e outros non tanto, xa que consideraron que a explicación fora excesivamente teórica ou moi xenérica, ou mesmo porque non tiveron tempo para realizaren preguntas. Porén, a opinión unánime é a de que foi unha actividade que debe seguir realizándose en anos vindeiros. Pola tarde, gozaron dun percorrido pola zona monumental. Voltaron ao serán, cansos pero contentos.

 

Concerto didáctico musical

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO asistiron a un concerto didáctico musical do grupo de percusión ODAIKO o 18 de febreiro. Foi esta unha actividade interesantísima que se levou a cabo no Centro Cultural NovaCaixaGalicia de Vigo. Os nosos rapaces viñeron entusiasmados coa creatividade, orixinalidade e bensaber musical e didáctico do grupo.

 

 

Información sobre a Universidade de Santiago de Compostela

O catedrático da Universidade de Santiago, Alberto Bugarín, membro do Departamento de Electrónica e Computación estivo no noso centro para achegar aos nosos rapaces e rapazas información relativa aos estudos universitarios na Universidade de Santiago de Compostela. Estivo acompañado do noso prezado alumno Abel Lorenzo, que compartiu co noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato as súas experiencias como alumno universitario.

Agradecémoslle moito ao profesor Bugarín a súa presenza no noso centro e aledámonos moi especialmente de podermos ver ao noso alumno Abel e de sabermos dos seus triunfos e da súa satisfacción nesta nova etapa da súa vida.

Visita a Facultades da Universidade de Vigo

Aínda que o tempo non acompañou, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato subiu á Universidade de Vigo o 11 de febreiro para coñecer facultades de diferentes áreas: científica, tecnolóxica e humanística e xurídico-social. O interese era grande, pois o seu futuro universitario está próximo, e hai que entrar xa en contacto con este novo mundo.


Cine social

Os rapaces e rapazas da ESO que cursan a materia de Relixión Católica tiveron a oportunidade de asistiren a unha proxección da película “La bicicleta verde”, dentro da semana de Cine Social que organiza “Cáritas” no Colexio “Salesianos” de Vigo.

“La bicicleta verde” é unha película xermano-saudita, dirixida por Haifaa Al-Mansour no ano 2012; foi a primeira longametraxe dirixida por unha muller na historia de Arabia Saudita.

Outra realidade, outra situación, outra maneira diferente de ver o mundo… a través da mirada dunha nena.


Día da Paz

Aínda que sabemos que todos os días son “días de paz” e tentamos levar isto adiante, agasallamos ao noso alumnado cunha chapiña elaborada polo noso alumno de 4º de ESO, Óscar Otero Maya. Esta actividade é froito do traballo realizado nas materias de Educación Plástica e de Relixión.  Velaquí o debuxo sobre o que se fixo a “chapiña”.



Visita ao Museo de Pontevedra

O día 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de ESO e o de 4º de Diversificación realizou unha visita ao edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Trátase dun edificio construído entre 1685 e 1714 e malia ser, desde o ano 81 un dos inmobles que componen o Museo, foi rehabilitado recentemente.

Os nosos rapaces e rapazas pudieron contemplar o seu fermosísimo interior, que garda importantísimos fondos arqueolóxicos da Prehistoria e da Antigüidade. Puideron tamén ver mostras da arte galega medieval ata o século XIII, coleccións de louza de Sargadelos, cerámica de Pontecesures e unha selección de alfares nacionais. Igualmente pudieron tomar contacto cos mellores pintores e escultores contemporáneos (Miró, Picasso…) a través dunha colección particular doada ao Museo.

Velaquí unhas fotos que dan mostra do que contamos:

1º ESO con Tanxarina

Grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do noso concello, os rapaces e rapazas de 1º de ESO pudieron asisitir a unha actividade levada a cabo polo grupo Tanxarina no Multiusos da Xunqueira.

Andrés, Tatán e Miguel explicaron con detalle os diferentes tipos de títeres cos que actúan, así como as distintas técnicas que empregan para traballaren cos mesmos. Foi un “verlles as tripas aos bonecos”. Os nosos rapaces e rapazas quedaron encantados vendo como a xente de Tanxarina explicaba e manipulaba os monicreques, mesmo realizaron pequenas representacións dalgunhas das súas obras. O noso alumnado aprendeu e disfrutou enormemente, incluso manipularon algúns bonecos.

E todo isto cunha compañía que nos encantou, a de nenos e nenas de catro anos que viviron con moitísima ledicia e emoción a actividade.

 Premede na foto para comprobardes o que dicimos.

 

Viaxe a Roma e Florencia

Alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato matriculados en Relixión Católica realizaron unha fermosísima e interesantísima visita a Roma e Florencia. Amais de visitar o Coliseo, as prazas Navona, a Fontana de Trevi, a basílica de San Pedro coas Scavi, o barrio de Trastevere, o Baptisterio da catedral de Florencia, as capelas Mediceas, a ponte Veccia… e tantos outros lugares, aínda tiveron tempo para pasearen polo mercadiño de San Lourenzo, tomaren un xelado en Giolitte, pasearen tranquilamente. En definitiva: coñecer, aprender e gozar. Que envexa non podermos estar todos alí!!

Roma e Florencia


Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut