You are hereSecretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados

Secretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados


HORARIO E DATAS PRESENTACIÓNS DE INICIO DE CURSO

Calendario de inico de curso (descargar documento para ver instrucións completas) 

VENRES 25 SETEMBRO

de 12:30h a 14:15h PRESENTACIÓN ALUMNADO DE 4º ESO e FP-BAS.

Material que o alumnado ten que traer ó centro: bolígrafo, lapis e caderno.

LUNS 28 SETEMBRO

de 12:30h A 14:30h PRESENTACIÓN DE ALUMANDO 1º CM-MADEIRA e 2º CM-MADEIRA.

Material que o alumnado ten que traer ó centro: bolígrafo, lapis e caderno.

DE 15:30h A 17:10h PRESENTACIÓN DE ALUMANDO ESA.

Material que o alumnado ten que traer ó centro: bolígrafo, lapis e caderno.

REUNIÓN FAMILIAS 1º ESO LUNS 28 SETEMBRO ÁS 18:30H.

REUNIÓN FAMILIAS 2º ESO LUNS 28 SETEMBRO ÁS 19:30H.   

APRAZAMENTO DO INICIO DE CURSO

 A Consellería notifica o aprazamento do inicio de curso en secundaria para os días 23, 24 e 25 de setembro.

Ler máis 

ACTO RECOÑECEMENTO MELLORES EXPEDIENTES

Dende o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  organízase un curso máis o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia. Neste curso, e dadas as circunstancias actuais, asistirán presencialmente os 20 mellores estudantes acompañados polos seus familiares máis cercanos. 

Para o resto de “mellores expedientes”,  envióuselles unha mensaxe pedíndolles unha fotografía, para así poder nomealos no acto ao mesmo tempo que se proxecta a súa imaxe.

A dirección da canle de youtube da USC, na que se pdoerá ver a ligazón para conectarse ao acto a partir da 16:30h. dese día 23 de xullo, é a seguinte:

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC

Tamén podes conectar a través do Enlace para  Directos  do canle YouTube da USC  (só para Navegador) :

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live

IES DE MELIDE NA TVG

Onte o IES de Melide saiu nunha reportaxe emitida na CRTVG: "O golpe do virus nas aulas"

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-sol-sae-para-tod-s-11-4447326

INCORPORACIÓN ALUMNADO 2º BAC E 2º CICLO MEDIO. PROTOCOLO E HORARIO

Publicada, por parte da Consellería de Educación, a resolución que recolle a reincorporación do alumnado de 2º BAC e 2º CM as clases presenciais, publicamos o horario das clases de 2º BAC A e B (o horario de 2CM publicarase o luns) e o protocolo e normativa destes días.

AS CLASES INICIARANSE O MARTES DÍA 26 AS 8:40H

Non entra en funcionamento o servizo de transporte escolar polo que o alumnado terá que achegarse ao centro polo seus medios.

Para poder organizar o centro e asegurar o cumprimento das distancias de seguridade e medidas de protección TODO O ALUMNADO TERÁ QUE CUBRIR UNHA ENQUISA SEMANAL SOBRE A ASISTENCIA A CLASE que se enlaza a continuación.

-LIGAZÓN Á ENQUISA SOBRE A ASISTENCIA ÁS CLASES. obrigatorio cubrila antes do luns as 10:00h

-LIGAZÓN HORARIO 2º BAC A e B

-LIGAZÓN AOS PROTOCOLOS E NORMATIVA

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicacda a Orde do 12 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

PRAZO: ATA 19 XUÑO

RESUMO INSTRUCIÓNS

Anexo I            Anexo II

ENTREGA SOLICITUDES preferentemente vía telemática a través da páxina web da Consellería( Acceso aplicación) e a través da sede elctrónica Xunta de Galicia (acceso á sede electrónica). Opcionalmente no IES de Melilde, en caso de optar por esta opción:

  • Deberá solicitar cita previa no teléfono: 881866109.
  • Acceder ao centro con mascarilla quirúrxica e bolígrafo.
  • Traer a solicitude impresa e cuberta xunto coas fotocopias necesarias para presentar a solicitude (en caso de non ter medios electrónicos para imprimir as solicitudes poderanse recoller no IES de Melide).

 

SOLICITUDE DE ENTREVISTA TITOR OU PROFESOR DE MATERIA

A solicitude de entrevistas telemáticas cos titores de cada grupo así como do profesorado realizarase a través da plataforma ABALAR MÓBIL (acceder menú da aplicación→ titorías → seleccionar profesor/a co que se desexa contactar-→ enviar a mensaxe de solicitude de entrevista). Enviar mensaxe con solicitude de entrevista.

O profesorado ten marcado no seu horario unha hora de atención ás familias que aparecerá especificada no listado de profesores que aparace na aplicación ABALAR MÓBIL

En caso de non ser posible por este procedemento, poñerse en contacto co centro (vía correo-e: ies.melide@edu.xunta.es, ou telefónicamente: 881866109) indicando o nome da persoa que solicita a cita, o nome do alumno/a, curso e o profesor/a con quen se quere falar. O centro porase en contacto co profesor e buscarase a vía telemática máis apropiada.

 

RESUMO INSTRUCIÓNS 27 ABRIL

como xa saberedes, o pasado 27 de abril a Consellería de Eduación publicou as instrucións a seguir para o curso 2019/20. Na seguinte ligazón podedes acceder a un resume das mesmas.

LER MÁIS 

INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL

Estimadas familias,

como xa saberedes, o pasado 27 de abril a Consellería de Eduación publicou as instrucións a seguir para o curso 2019/20. Son moitos os axustes que temos que facer agora o profesorado e departamentos en cando as programacións e criterios de avaliación, polo que ata a vindeira semana non publicaremos as modificacións realizadas. Mentras deixamos un breve resumo dalgúns puntos que recollen estas instrucións:

  • Flexibilizaranse criterios de promoción e titulación para evitar que a situación actual perxudique ó alumnado

  • Para acadar a nota final teranse en conta as notas de 1º e da 2º avaliación, avaliación actual para recuperar, reforzar e avanzar contidos mínimos imprescindibles.

  • A nota do terceiro trimestre solo poderá ser tida en conta para subir nota.

  • A avaliación de setembro sigue operativa.

  • As materias que non se aproben este curso se levarán como materias pendentes para o curso 2020-21.

  • Polo tanto, todo aquel alumnado que teña suspensas 1º e 2º avaliación que aproveite este tempo para recuperar o máximo posilbe.

En canto teñamos máis concreción publicarémola na páxina wed do centro.

PLANIFICACIÓN DE 1º ESO e 2º ESO

Vistas as dificultades que está tendo o alumnado dos cursos inferiores para organizar e xestionar os apuntes proporcionada polo profesorado, tarefas e datas de entrega, tratamos de organizar toda esta información nun único documento, tamén tratamos de igualar criterios para subir o material de cada semana á aula virtual así como as datas de entregas de tarefas. Esperamos que vos sirvan de axuda.

Nos documentos de cada curso podedes consultar:

  • Horario das sesións de video-conferencias que vai a ter o alumnado. Será o profesor da materia quen indicará o día que comenza estas sesións.
  • Desglosado por materia: lugar onde se localiza a información, lugar onde hai que entregar as tarefas e data establecida como norma para entregar (admite excepcións que indicará profesorado debidamente).

1º ESO A     1º ESO B    1º ESO C     1º ESO D   

2º ESO A     2º ESO B     2º ESO C     2º ESO D

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido