You are herecontent / INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL
INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL
Estimadas familias,
como xa saberedes, o pasado 27 de abril a Consellería de Eduación publicou as instrucións a seguir para o curso 2019/20. Son moitos os axustes que temos que facer agora o profesorado e departamentos en cando as programacións e criterios de avaliación, polo que ata a vindeira semana non publicaremos as modificacións realizadas. Mentras deixamos un breve resumo dalgúns puntos que recollen estas instrucións:
-
Flexibilizaranse criterios de promoción e titulación para evitar que a situación actual perxudique ó alumnado
-
Para acadar a nota final teranse en conta as notas de 1º e da 2º avaliación, avaliación actual para recuperar, reforzar e avanzar contidos mínimos imprescindibles.
-
A nota do terceiro trimestre solo poderá ser tida en conta para subir nota.
-
A avaliación de setembro sigue operativa.
-
As materias que non se aproben este curso se levarán como materias pendentes para o curso 2020-21.
-
Polo tanto, todo aquel alumnado que teña suspensas 1º e 2º avaliación que aproveite este tempo para recuperar o máximo posilbe.
En canto teñamos máis concreción publicarémola na páxina wed do centro.