1º e 2º PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES DE MELIDE EN CLASES SEN FUME (59 centros participantes)

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2016-2017 participaron un total de 3.331 escolares de 152 aulas, procedentes de 59 centros diferentes de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio. 

O bo facer do alumnado do IES de Melide foi recompensado co 1º premio (aula de 1º ESO B) e 2º premio (aula de 1º ESO C)  do concurso, e o labor profesional do profesorado foi recoñecido con varios premios de innovación educativa.

A alumna Noa Varela Pardo (representante do alumnado participante) e a profesora Amelia Ándrés Casal (representante do profesorado implicado) pecharon o acto xunto ó Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña.

Noa quixo transmitir a seguinte mensaxe:

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que entenden que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante.  

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se implican nas actividades de educación emocional e social e que reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais,  poñendo en valor o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física. 

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se moven, que queren saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrano con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades. 

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que actúan con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que participan en “Clases sen Fume” para seguir avanzando no seu proxecto de vida saudable.

Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que os meus compañeiros e compañeiras de clase.

ACTIVIDADE CREATIVA 1º PREMIO (1º ESO B)

ACTIVIDADE CREATIVA 2º PREMIO (1º ESO C)

MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE MELIDE 2017

Informamos da seguinte distinción,

o pasado día 8 de xuño foi aprobado en Pleno a concesión da MEDALLA DE MELIDE, ano 2017, na súa categoría de OURO, ó IES de Melide, como homenaxe e agradecemento á súa traxectoria e ó encomiable labor en prol da educación, cultura e deporte que fixo no concello.

A imposición de dita medalla será efectiva nun acto que se celebrará na sala capitular do Concello o vindeiro 29 de xuño ás 12 horas, día San Pedro, patrón de Melide.

Parabéns para toda a Comunidade Educativa do IES de Melide (1967-2017)

CURTAMETRAXE DE MARUJA MALLO

Para os que non puidéstedes desfrutar das proxeccións que se fixeron no centro ou queredes vela de novo, tedes a continuación a curtametraxe feita polo alumnado de artes escénicas de 2º BAC  "Maruja Mallo: metade estrela, metade caracola", baseada na obra "Maruja Mallo: caracola con alas".

FOTOGRAFÍAS ACTO DESPEDIDA DE 2º DE BAC

Xa tedes a vosa disposición as fotos do acto de despedida do alumnado de 2º BAC 2017, só tedes que premer na seguinte ligazón para velas e/ou descargalas.

LIGAZÓN DE ACCESO ÁS FOTOS

Estará accesible ata o 1 de setembro de 2017.

Corremelide aprazado para o VENRES 9 DE XUÑO

Comunicámosvos que a data para a celebración do corermelide será o venres 9 de xuño, co mesmo horario e similar organización. 

CORREMELIDE 2017

O IES de Melide está ultimando os detalles da organización desta actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo despedir en convivencia cos demais centros, dalgún xeito, o curso escolar antes de que comece o tramo final de exames e dar por rematadas as actividades complementarias e extraescolares do curso. Á súa vez pretende ser unha actividade para o fomento do uso da lingua galega.

CADRO DAS ACTIVIDADES

DESPEDIDA ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Con invitación no ximnasio do IES de Melide ás 17:30.

ACTO DE CLAUSURA DO PROGRAMA CLASES SEN FUME 2016/2017

O IES de Melide foi escollido para albergar o acto de clausura de esta 15ª edición por ser o centro con maior participación de aulas neste curso escolar, non só na provincia da Coruña senón tamén de toda Galicia, cun total de nove aulas e 158 escolares de primeiro e segundo da ESO. O IES de Melide participou en oito edicións, gañando un accésit a mellor actividade creativa no curso 2013-2014 e o premio Fogares sen fume no curso 2014-2015.

Nun acto moi dinámico e ameno, un grupo de alumnos e alumnas de 1°e 2° de ESO e tamén de 1° de BAC, en representación de todos os seus compañeiros e compañeiras, presentaron o traballo realizado tanto neste curso como en cursos anteriores para Clases sen Fume, a través de diferentes improvisacións teatrais e proxeccións audiovisuais.

Este programa, CLASES SEN FUME, é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Ó acto asistiron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña, a Xefa Territorial de Sanidade, a Alcaldesa de Melide e a coordinadora do programa “Clases Sen Fume”.

Parabéns para o noso alumnado, polo seu saber estar e o seu alto grao de implicación neste programa.

PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA - eNPRoXeCTo 2016/17

SuMaCoNXeiTo

UnHa iNViTaCióN a aLMoRZaR eN CoMPaÑía

SINOPSE: Escenas de acción que invaden un espazo no que os protagonistas desvelan as propiedades dun almorzo equilibrado, variado, suficiente, agradable e seguro (e dan respostas ó que ten que ter a miña cunca e o meu prato) para render no día a día. Ó mesmo tempo fan “guiños” dos ingredientes dun estilo de vida saudable..., na que o sedentarismo non pode estar presente.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido