No presente ano académico 2020/21, a situación derivada da pandemia pola COVID-19 impídenos realizar unha xornada presencial de portas abertas.
Co fin de dar a coñecer, ao alumnado de nova incorporación e máis a súas familias, as instalacións do IES Lucus Augusti e a actual oferta formativa, editamos un vídeo de presentación cun percorrido polo edificio, no que incluímos información académica de carácter xeral.
Asemade, ofrecemos a posibilidade de realizar videoconferencias cos centros de ensino de procedencia e/ou as ANPAs, para tentar resolver as dúbidas relacionadas co proceso de ensinanza-aprendizaxe do novo alumnado.
A Fundación Matrix desenvolveu no IES Lucus Augusti un obradoiro orientado a prevención de violencia de xénero nos cursos de 3º da ESO, a metodoloxía empregada foi o Teatro Foro, unha técnica semelllante ao psicodrama que busca a participación activa do alumnado para conseguir, mediante a expresión de emocións inducidas pola dramatización de situacións relacionadas co maltrato á mulller, a modficación de actitudes.