try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Axudas Libros e Material Escolar

 

Axudas librosORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B

Prazos:

·        

Ordinario: 20/05/2020 ao 19/06/2020

·        

O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

·        

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

Solicitude telematica

Solicitude Presencial

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado na etapa de secundaria que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso, polos importes establecidos no artigo 2.2 d) da convocatoria.

Esta situación deberá acreditarse con informe do centro once se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno ou alumna e a imposibilidade de entregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.