try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas FCT

Excepción FCT Covid19Segundo a Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, establécense as seguintes medidas excepcionais no desenvolvemento da FCT:

Na realización da FCT no período ordinario, os centros educativos poderán:

a. Reducir a duración ata: 220 horas no caso de ciclos de grao medio e de grao superior.

b. Desenvolver o módulo de FCT en días non lectivos e/ou ampliando ao máximo as horas diarias na empresa; sen precisar autorización.  

c. Realizar a FCT a través do teletraballo.

d. Nos ciclos de grao superior derivados da LOE, como é o caso do Ciclo Superior de Laboratorio de análise e de control de calidade, integrar a realización da FCT e o módulo de proxecto nun único módulo cunha duración de 245 horas (FCT 220 horas e proxecto 25 horas).

 e. Nos ciclos de grao medio, substituír a FCT por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral (Proxecto/plan segundo Anexo I).

Na realización da FCT fóra do período ordinario, os centros educativos poderán:

a. Desenvolver o módulo de FCT no curso actual (antes do 31 de agosto de 2020), de xeito voluntario en situacións reais de traballo, sempre que a empresa estea en condicións de acollelo.  

 b. Desenvolver o módulo de FCT a partir do 1 de setembro de 2020 (Solicitude mediante Anexo II, antes do 30 de xuño). Neste caso:

- O alumnado matricularase en calquera dos períodos extraordinarios para realizar a FCT e, de ser o caso, o módulo de Proxecto (non consume convocatoria).

- O módulo de Proxecto poderase realizar no período establecido con carácter xeral ou no momento de realizar a FCT, aínda que a avaliación efectiva se fará cando se realice a FCT.