try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Guía Reforzo Educativo

A falla de criterio na aplicación e máis na consignación das medidas de Reforzo Educativo adoptadas co alumnado na etapa de secundaria, dan orixe a situacións de desinformación ás familias ao profesorado e mesmo ao propio alumnado.

O reforzo está dirixido a aqueles alumnos/as que presentan dificultades para seguir o proceso ordinario de ensino - aprendizaxe, ou que presentan un desfasamento curricular pouco significativo, é dicir, que poden seguir os obxectivos mínimos da materia, os seus criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe mínimos. 

É unha medida dirixida a calquera alumno/a ou grupo de alumnos que presenten dificultades nun momento dado, teñan ou non Necesidade Específica de Apoio Educativo.

É moi importante reflectir o reforzo nas sesións de avaliación para dispor de información do proceso de ensianaza-aprendizaxe e adecuar as medidas de atención á diversidade en función da evolucuón do alumnado, tendo en conta que previamente á aplicación de adaptacións significativas do currículo deben intentarse estratexias de carácter metodolóxico e organizativas que deberán quedar recollidas no expediente do/da alumno/a

Ligazón á Guía Sobre o Reforzo Educativo