O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEM

Teremos un grupo de 25 alumn@s de 1º ESO de Campamento "Científico-Tecnolóxico-Enxeñería-Matemático" na semana do 2 ao 8 de decembro deste ano.

Serán 13 nenas e 12 nenos que terán a oportunidade de participar nun escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez mais, sobre os diversos campos da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería  e Matemáticas - STEM.

Esta actividade está organizada baixo a acción de Estratexia Galega de Educación Dixital (EduDixital2020) nas instalacións do Centro Vermislab.

Que faremos durante a SEMANA STEM?

Os/as participantes vivirán unha experiencia única na que se formarán para Colonizar Marte, aprendendo ó redor de distintas disciplinas. Para ver o calendario de actividades que seguiremos ó longo da semana.

Onde será?

Colexio Junior´s

Silvouta, 81, 15896 Santiago de Compostela, A Coruña

 

Cando será?    8ª QUENDA (1º ESO)

ENTRADA: Domingo 2 decembro 18:00 – 19:30    SAÍDA: Sábado 8 decembro 12:00 – 13:30   

 Que teñen que traer os/as participantes?

  1. Roupa para 6 días
  2. Neceser con material de aseo (champú, xel, desodorante, peine, cepillo de dentes, pasta de dentes…)
  3. Pixama e zapatillas
  4. Toallas de ducha
  5. Roupa deportiva
  6. Roupa de abrigo
  7. Maleta identificada con nome e apelidos
  8. Medicación (se é o caso)
  9. Moitas ganas de aprender e pasalo ben

 

Que comeremos durante a SEMANA STEM?

Os/as participantes desfrutaran de cinco comidas diarias, que serán nutricionalmente equilibradas e variadas atentendo as necesidades especiais de alimentación. Podes consultar os menús do xantar e da cea…

Como contactar durante a SEMANA STEM?

Para garantir a seguridade dos/as participantes, os teléfonos móbiles estarán custodiados polos/as monitores/as.

Os/as participantes disporán do móbil en horario de 19:30 – 20:30 (luns – venres) para contactar coas familias.

No caso de que o/a participante non dispoña de móbil poderase contactar con el/ela a través dos números oficiais do campamento en horario de 15:00 – 16:30 (luns – venres)

649246717 / 633482030 / 633672030 / 633792030

Para resolver posibles dúbidas ou consultas sobre o campamento atenderemos en calquera horario no número 649246717.