Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Andaina polo Camiño de Santiago

O departamento de Francés realizou, o día 26 de maio, unha saída extraescolar para facer un tramo do Camiño Francés, concretamente desde Moimentos ata Portomarín. Nesta actividade participou todo o alumnado que cursa a materia de Francés -dende primeiro de ESO ata primeiro de BAC.

A mañá semellaba pasada por auga pero, finalmente, puidemos realizar a camiñata sen mollarnos. Os dez quilómetros que tiñamos que percorrer fixéronse de contado: nunha hora e media! Ao chegarmos ao noso destino descansamos e disfrutamos da turística vila de Portomarín. No seguinte álbum, podedes visualizar máis fotos.

foto Camiño Santiago-Portomarín

 

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto e axudas material escolar

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria para o curso escolar 2023/24. O prazo de solicitudes rematará o 21 de xuño de 2023.

Orde do 10 de maio de 2023 (DOG, 19 de maio de 2023)

- O alumnado de todos os cursos de ESO pode solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar.

- O alumnado con renda per cápita familiar igual o menor a 6.000 €, terá dereito a serlle prestados seis libros de texto.

- O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a serlle prestados catro libros de texto.

- O alumnado con renda per cápita familiar igual ou menor a 6.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 75 €.

- O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 60 €.

- Para o cálculo da renda per cápita, utilízase a Declaración da Renda do exercicio 2021. Haberá que sumar a Base Impoñible Xeral (casiña 435) e a Base Impoñible do Aforro (casiña 460). En declaracións individuais haberá que sumar as das dúas declaracións dos dous proxenitores.

 Obrigas das persoas beneficiarias:

 - Para ter dereito ao préstamo de libros de texto é necesario ter devoltos os libros de texto que o alumno/a recibira no curso 2022/23 con cargo ao Fondo Solidario ou ao Programa de Axudas para adquisición de libros de texto.

- Os libros de texto do curso 2022/23 serán devoltos en bo estado (sen subliñados, debuxos, destrozos, etc.) en horario de 10:00 a 13:30 h nos seguintes prazos:

Martes 20 de xuño

Alumnos/as de 2º e 4º ESO 

Mércores 21 de xuño

Alumnos/as de 1º e 3º ESO 

- Os libros que reciba en préstamo para o curso 2023/24 deberán de conservarse en bo estado, e terán que ser devoltos ao Instituto en xuño de 2024. 

 Presentación de solicitudes:

• As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal entre o 20 de maio e o 21 de xuño de 2023. Se non fora posible a presentación por vía telemática, presentaranse no modelo ED330B que poden descargar na páxina web do centro ou se lles facilitará no propio centro.

ANEXO I e ANEXO II

• Se dous ou máis fillos cursan a ESO neste centro e presentan a solicitude telemáticamente, deben facer unha solicitude para cada fillo. No caso de facer a solicitude en papel, incluiranse na mesma solicitude os datos de todos os fillos que cursen a ESO no mesmo centro. 

• Para o alumnado de 4º ESO que repita o prazo de presentación de solicitudes será un mes despois da formalización da matrícula. 

• Xunto coa solicitude, entregarase unha copia do libro de familia.

• O 12 de xullo de 2023, publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro as listaxes provisionais de solicitudes admitidas.

• As reclamacións contra as listaxes provisionais faranse os días 13 e 14 de xullo.

• As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023.

Entrega dos libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar:

     • Os libros serán entregados ao alumnado a partir do 11 de setembro de 2023.

    • Os vales para material escolar recolleranse a partir do 5 de setembro de 2023.

Graduación de 2º BAC

O venres 19 de maio celebramos no salón de actos do centro o acto de graduación do noso alumnado de 2º de BAC da promoción 2021-2023. Foi un acto moi emotivo que contou coa presenza de familiares e amigos,  e no que se lles desexou un futuro prometedor a nivel persoal e profesional.

Parabéns ao noso alumnado! Podedes ver as fotos da Graduación neste álbum.

Graduación BAC Curso 2022/23

Obradoiros Axenda 2023 e ODS

O pasado venres 19 de maio contamos coa presenza de Lucas Requejo, fundador e director da ASOCIACIÓN PRATODO, quen impartiu aos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de Formación Profesional e de 1º BAC uns obradoiros sobre a Axenda 2030 e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa adaptación e uso nas problemáticas sociais e ambientais da contorna diaria da xuventude.

Co desenvolvemento destes talleres reinícianse as actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do IES GREGORIO FERNÁNDEZ, que continuarán no curso 2023/2024, financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social la Empleabilidad, e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2022) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Podedes visualizar as fotos do obradoiro no seguinte álbum Obradoiro 2030 e ODS.

obradoiro ODS

Visita parque eólico- Programa EduTecEmprende

O día 4 de maio, o noso alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Administrativos realizou unha visita ao Parque Eólico de Monciro en Castroverde. A viaxe está dentro do programa EduTecEmprende, no marco do Plan de Emprendemento da Consellería de Educación en colaboración con diferentes empresas. Nesta visita valoraron as vantaxes e as desvantaxes da enerxía renovable, en concreto, da enerxía eólica.

foto durante a visita parque eólico

 

Visita á Mariña lucense

O alumnado de 1º BAC foi de excursión á Mariña lucense para ver a fábrica de Sargadelos, o Museo do Mar de Cervo e visitar as vilas de Foz e Mondoñedo, lugares nos que se desenvolve a acción da novela "A lei das ánimas" de lectura obrigatoria. Podedes visualizar as fotos da actividade no seguinte álbum.

Visita á mariña lucense

Actividades Día do Libro

No noso centro e desde a Biblioteca, organizaron unha serie de actividades para celebrar de forma moi especial o Día do Libro: a exposición "Libros Suculentos", 28 libros escollidos polo profesorado do noso instituto e 80 suculentos libros-galleta elaborados pola reposteira sarriana Lourdes Pombo para a ocasión. Estes libros-galleta foron os premios gastronómicos aos participantes que máis acertos tiveron na quiniela literaria e ás clases máis participativas de todos os niveis do noso IES. Parabéns aos participantes e aos gañadores!

foto entrega premiosDía do Libro 2023

Encontros lingüísticos no Camiño

O pasado 28 de abril, o alumnado de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas retomou os encontros lingüísticos no Camiño, despois de tres anos sen poder realizarse por causa da pandemia e as restriccións de interaccións comunicativas entre as persoas.

As alumnas estiveron acompañadas pola súa profesora de inglés, Raquel Arias, quen leva anos promovendo esta iniciativa, e a profesora visitante francesa Katia Soares, quen estivo durante dúas semanas no noso instituto coñecendo en vivo e en directo o funcionamento e a realidade do IES "Gregorio Fernández".

Resultou unha actividade moi motivadora e interactiva na que ademais de practicar inglés, os peregrinos tiñan que sinalar nun mapa os seus lugares de orixe. Abraiados quedaron tras coñecer xente de Nova Zelanda, de Corea, de Canadá, dos Estados Unidos........  En fin, o mundo enteiro en Sarria.

foto encontros lingüísticos no Camiño

Obra de teatro para o alumnado de Francés

O venres 21 de abril, o alumnado de Francés dos catro cursos da ESO e de 1º de BAC asistiu á posta en escea da obra francesa "Le Petit Prince", do escritor Antoine de Saint-Exupéry. Foi unha mañá distinta, creativa e intensa. Saímos ás dez da mañá e voltamos á hora de xantar. Actividades dinámicas, como esta, axudan a estudar e comprender mellor, dende outra visión, unha lingua estranxeira.

VIVE LE THÉÂTRE!

Foto grupal asistencia obra teatro en francés

Prácticas de FP en Alemania

O noso alumno do CS de Mecatrónica Industrial, Manuel Argiz, está a realizar as prácticas do ciclo nunha empresa en Alemania, dentro do programa Erasmus+. Serán tres meses formándose e adquirindo experiencia na propia empresa. Máis información no Progreso Un alumno del IES Gregorio Fernández