Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Obradoiro sobre a Metodoloxía Sprint de Google

O pasado martes 28 de novembro, Pablo Osorio, da consultora Píldoras Digitales, impartiu aos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de Formación Profesional un obradoiro sobre a metodoloxía Sprint de Google, dirixida á creación e validación de ideas de negocio.

Co desenvolvemento desta actividade remata o segundo ciclo de actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do noso centro, todas elas financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Podedes ver as fotos do obradoiro na seguinte ligazón.

foto obradoiro metodoloxía sprint

Mes da Ciencia en Galego

Durante todo o mes de novembro, celebramos no noso centro educativo o Mes da Ciencia en Galego. Foi unha iniciativa xurdida desde o Departamento de Tecnoloxía e na que o Equipo de Dinamización da Lingua galega (EDLG) e a Biblioteca traballamos en conxunto para que todos os xoves deste mes durante o recreo, alumnado e profesorado de diferentes departamentos compartiran coa comunidade educativa coñecementos científicos a través de retos, experimentos, xogos, mostras... 

Os Departamentos que participaron nestas xornadas foron o de Tecnoloxía, Física e Química, Matemáticas, Bioloxía e Mantemento/Mecanizado. Se accededes ao seguinte álbum podedes ver fotos das diferentes xornadas do Mes da Ciencia en Galego no Gregorio.

Mes da Ciencia en Galego no Gregorio 

Presentación do libro "A Paradela dos máis novos"

O xoves 30 de novembro, na biblioteca do noso centro celebrouse a presentación do libro "A Paradela dos máis novos" e lembrouse con moito agarimo o traballo realizado polo noso benquerido compañeiro Eduardo Rey Moure, que foi o coordinador dos traballos aportados polos alumnos/as de Paradela do noso centro.

Asistiron ao acto o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, a Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia, Marta Barreiro, o xornalista e escritor Xulio Xiz, Lola Chaos como coordinadora dos traballos realizados polo alumnado do IES Xograr Afonso Gómez e Ana Isabel López Valín, coordinadora do EDLG do noso centro. Ademais, achegáronse á biblioteca moitos dos alumnos e alumnas que colaboraron na creación deste fermoso libro, algúns deles procedentes do IES Xograr. Compartiron cos asistentes a súa experiencia neste proxecto, leron algún texto do libro e lembraron con moito afecto a dedicación ao que fora o seu profesor e impulsor neste proxecto, Eduardo. Foi un acto moi emotivo, de agradecemento, de recordos e de posta en valor do patrimonio cultural, turístico, de lecer... do concello de Paradela.

foto do acto

Concurso carteis 25 de novembro

O Departamento de Xeografía e Historia en colaboración co EDLG organizou o concurso de carteis do 25 de novembro Día Internacional contra a violencia de xénero no que se convidou a todo o alumnado a elaborar un cartel en contra da violencia de xénero para visibilizar esta lacra social e promover a igualdade de xénero e o respecto entre as persoas, sexa cal sexa o xénero. Móstrase unha foto da exposición feita na entrada do edificio principal do noso centro.

Exposición carteis 25 N

Visita didáctica á empresa Mecanotaf

O martes 21 de novembro, o alumnado de 1º dos ciclos formativos de Mecanizado e Mantemento Electromecánico, acompañado de profesorado destes cursos, visitou a empresa sarriá de MECANOTAF, dedicada ao deseño, fabricación e mantemento de maquinaria industrial. Puideron ver a oficina técnica, onde se fai o deseño, e o proceso de fabricación nos talleres. Foi unha visita moi proveitosa, xa que os nosos alumnos puideron achegarse deste xeito á realidade empresarial da man dunha empresa da nosa contorna.

foto visita mecanotaf

Obradoiro de competencias emprendedoras (planificación e revisión)

O pasado venres 17 de novembro volvemos contar coa presenza de Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel (https://fundacionronsel.org/), esta vez para impartir aos alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional un obradoiro interactivo de competencias emprendedoras, concretamente as de planificación e revisión. 

Esta actividade forma parte do programa organizado pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández,  financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Podedes ver máis fotos do obradoiro se picades no seu Álbum.

foto Obradoiro

Programa YAM (Youth Awareness of Mental Health) - 3º ESO

YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que aprende e debate sobre saúde mental que se implantará en todos os centros educativos de Galicia nos vindeiros anos e se inicia no curso 2023-24 nunha serie de centros seleccionados.

No curso actual o IES Gregorio Fernández foi seleccionado para participar en dito programa co alumnado de 3º da ESO polo que o luns 27 de novembro as 17.00 h terá lugar unha sesión informativa a cargo do persoal de dito programa no centro para as familias do alumnado de 3º da ESO.

Nas seguintes ligazóns teñen toda a informacion relativa ao programa YAM.

 

 

Cartaz 

Folleto informativo para proxenitores

Web programa YAM

Carta invitación reuníon familias

 

Presentación Ruta 4x4 da comarca de Sarria

O noso alumnado puido ver na hora do recreo varios dos vehículos que van participar na Ruta 4x4 da comarca de Sarria esta fin de semana (17, 18 e 19 de novembro). Foi a asociación organizadora Os Carro x Catro xunto co vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, os que presentaron esta actividade e atenderon ás curiosidades que foron xurdindo entre os asistentes. 

foto

Sesións informativas Programa Erasmus+

O luns 13 de novembro, o alumnado dos ciclos superiores do noso centro tiveron unha sesión informativa sobre a posibilidade de poder realizar a formación en centros de traballo nunha empresa da Unión Europea dentro do programa Erasmus+. Tamén contaron coa presenza dun ex-alumno, que no curso pasado estivo nunha empresa alemana, quen lles dixo que a súa experiencia fora moi enriquecedora e animounos a inscribirse neste programa.

foto sesión informativa

 foto sesión informativa

Obradoiro de introdución ás competencias emprendedoras

Seguimos co ciclo de actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do noso centro educativo.

O pasado xoves 18 de novembro, Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel, impartiu uns obradoiros de introdución ás competencias emprendedoras. Así, os alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional tiveron a oportunidade de seguir avanzando nás súas habilidades de comunicación interactuando mediante a técnica do xogo de roles ou role-playing. Para finalizar, Rafa deulles toda unha serie de consellos útiles.

Esta actividade forma parte do programa organizado pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández,  financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2022) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Podedes ver máis fotos deste obradoiro na seguinte ligazón.

Xornada emprendem