Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Visita participantes do programa "Camino Europa"

O 14 de marzo tivemos a honra de recibir no noso centro a un grupo de 50 peregrinos formados por alumnos e docentes de varios centros europeos, dentro do programa "Camino Europa". Antes de comenzar a súa primeira etapa do Camiño ata Portomarín, quixeron coñecer o noso centro e interactuar co noso alumnado e profesorado para expor a súa experiencia e informar sobre as eleccións europeas que se celebrarán en xuño, xa que este é o tema do seu proxecto.

Este grupo forma parte dun proxecto do IES Andrés de Vandelvira de Albacete en colaboración co concello de Albacete e o Parlamento Europeo. Todos os alumnos teñen entre 16 e 18 anos e pertencen a cinco nacionalides distintas. Os paises integrantes do grupo son: España, Portugal, Alemania, Bulgaria e Rumanía.

A lingua vehicular foi o inglés, co cal o noso alumnado tivo ocasión de comunicarse en inglés de xeito real con rapaces doutros países e culturas.

Resultou unha actividade moi dinámica e enriquecedora na que tanto a vicedirección como as tres profesoras do departamento de inglés se implicaron directamente para levala adiante. Participaron de xeito moi activo o alumnado de 4º de ESO, 1º de Bach e 1º dos Ciclos de Administración. 

Se picade no blog da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño, tedes máis fotos e información.

foto grupal Camino Europa

DATAS PROBAS EXTRAORDINARIAS MATERIAS PENDENTES BAC

O alumnado de 2º BAC, que teña pendente algunha materia de 1º BAC poderá, presentarse ás probas extraordinarias que se convocarán durante a semana do 15 ao 19 de abril.

DATAS PROBAS EXTRAORDINARIAS MATERIAS PENDENTES 1º BAC

 

 

 LINGUA CASTELÁ

 

 

LINGUA GALEGA

 

 

MATEMÁTICAS

 

Actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller

Durante esta semana,  no noso centro celebráronse unha serie de actividades co gallo do 8 de Marzo: o concurso Bolboretas pola Igualdade, a proxección de curtametraxes e temas musicais relacionados con esta temática e unha exposición de libros e filmes, para profundizar e valorar o papel da muller ao longo da historia.

Ademais, o xoves achegáronse ao instituto tres mulleres de referencia da nosa contorna: Chelo de Gandeiría Quintián (O Páramo), Laura de Rural o Urbano (Paradela) e Benedicta Sánchez (O Corgo) para participar na Xornada Mulleres da nosa contorna, na que compartiron a súa experiencia como emprendedoras no mundo rural, no caso de Chelo e Laura, e para escoitar as vivencias dunha muller que tivo que emigrar a Brasil, que volveu á súa terra meiga e mesmo foi quen de conquistar moitos corazóns coa súa interpretación na película O que arde, gañadora dun Goya e da medalla Castelao pola súa contribución a poñer en valor a cultura galega e o galego en calquera lugar do mundo. Tamén se sentaron diante dos micros da nosa radio, Radio Bolboreta, e responderon unha serie de preguntas formuladas por un grupiño de alumnas con total sinceridade e espontaneidade.

O noso agradecemento a estas grandes mulleres pola súa participación e achega á nosa comunidade educativa: educación en valores, paixón pola lectura, emprendemento, valor do rural, afouteza, cooperación, equipo... e que  promoven a igualdade de oportunidades na nosa sociedade. 

Animádevos a ler a reseña do blog da nosa biblioteca Fiz Vergara Vilariño, na que se recolle algunha das frases que escoitamos durante a xornada! En breve, poderedes escoitar o programa en Radio Bolboreta...

Foto participantes xornada 8M

Visita didáctica á Mariña lucense

O mércores 28 de febreiro, o alumnado de 1° Bac foi ao Museo do Mar de Cervo, á fábrica de Sargadelos, Foz e Mondoñedo, espazos nos que se desenvolve a acción de "A lei das ánimas" novela de lectura obrigada. No seguinte álbum Visita á Mariña Lucense hai máis fotos da viaxe.

visita a Mariña lucense

Datas de avaliación de módulos pendentes de 1º curso e de módulos con perda do dereito de avaliación continua de 2º curso de ciclos formativos (marzo 2024)

CALENDARIO (Marzo 2024) das probas extraordinarias de módulos pendentes de 1º curso e de módulos de 2º curso con perda do dereito á avaliación continua (PD) dos ciclos formativos: 

CICLOS FORMATIVOS
CM Mecanizado

Departamento de Mecanizado

Departamento de FOL 

CS Mecatrónica Industrial

CM Mantemento electromecánico

Departamento Instalación e Mantemento 

Departamento de FOL

 

CICLOS FORMATIVOS
CM Xestión Administrativa

 

Departamento de Administración

Departamento de FOL

 

CS Administración e Finanzas

 

FPB Servizos Administrativos
Módulos con perda de avaliación Departamento de Administración  

 

FPB Fabricación Mecánica
Módulos pendentes de 1º

 

Departamento de Mecanizado

 

Módulos con perda de avaliación

Entroido no IES

Chegou o entroido e no noso IES celebrouse esta festa cun concurso de disfraces dirixido a toda a comunidade educativa, no que se valoraba especialmente a orixinalidade e o uso de materiais de refugallo para a elaboración dos disfraces. Houbo premios para as diferentes categorías que participaron, e sobre todo, houbo moito inxenio, animación, colaboración e ganas de troula por parte dos participantes (alumnado de diferentes cursos e tamén profesorado).

Parabéns a todos e viva o entroido!

foto entroido

Ensaio aberto da obra Boa sorte, mala fama

O Concello de Sarria convidou a todos os alumnos e alumnas de 4º da ESO do noso centro o pasado mércores 31 de xaneiro a asistir ás 10:30 h na Casa da Cultura ao ensaio aberto da función de Tarabela Creativa, coa obra "Boa sorte, mala fama". Deseguido, celebrouse un encontro coas artistas, actividade que nos permitiu adentrarnos na forma de traballar nesta arte escénica. O noso agradecemento ao concello e aos artistas participantes.

Foto ensaio teatral

Visita á Residencia de Persoas Maiores de Sarria

O mércores 20 de decembro, un grupo de alumnos e alumnas do noso centro achegáronse a Residencia de Persoas Maiores de Sarria para facer entrega das postais realizadas polo alumnado de Formación Profesional das familias de Administración, Mantemento e Mecanizado e da ESA. Acolléronnos con moito agarimo e agradecemento por dita visita e compartimos sorrisos, abrazos e mesmo consellos para a vida que foron toda unha lección maxistral, sen dúbida, unha experiencia para volver repetir. Grazas á nosa xente maior que tanto nos deu e tanto nos segue a dar!

foto visita residencia personas maiores

 

Taller educativo Generación + sostenible

O alumnado da ESO do noso centro participou o mércores 20 de decembro no taller educativo "Generación + sostenible" impartido pola Fundación Laboral do Cemento e Medio Ambiente. 

Taller generación +sostenible

Visita ao Pazo da Opera de A Coruña e a Casa das Ciencias

O alumnado de 4.º ESO de Música asistiu o venres 1 de decembro ao Pazo da Ópera de A Coruña para escoitar a Orquestra Sinfónica de Galicia. O ensaio tivo lugar ás dez da mañá. Interpretaron os catro movementos da Sinfonía n.º 4 en mi menor, op. 48 de Johannes Brahms (1833-1897) dirixida polo seu titular Roberto González Monjas (1988).

foto no Pazo da Ópera

Posteriormente, o grupo asistiu á Casa das Ciencias. Foi afortunados porque gozou dunha fermosa sesión en directo no Planetario.

Esta actividade foi organizada pola profesora de Música do noso centro, Paula Fernández Fernández e tamén a acompañou a esta visita cultural a profesora Elena Corujo.