Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Viaxe a Paris co alumnado de 2º BAC

O alumnado de 2º BAC viaxou a Paris do 5 ao 8 de marzo na excursión de fin de curso. Nestes días coñeceron de preto os monumentos máis emblemáticos da cidade, desfrutaron dun paseo en barco polo Sena e degustaron pratos típicos da cociña francesa. Podes ver algunha foto desta viaxe no álbum Viaxe a Paris.

Foto da viaxe a Paris

Charla "Aprendendo sobre os medios de pagamento"

O venres 14 de marzo o alumnado de FPB de Servizos Administrativos e de 1º do CM de Xestión Administrativa do noso centro participou nunha charla por videoconferencia sobre os medios de pagamento impartida por técnicos de Abanca dentro do Programa Eduemprende, unha sesión no que aprenderon máis detalladamente os medios de pagamento que se están a utilizar hoxe en día.

foto charla medios pagamento

Visita á Axencia Tributaria e ao Torre de Núñez

O luns 27 de marzo os alumnos de FP Básica de Servizos Administrativos visitaron a delegación da Axencia Tributaria en Lugo, onde recibiron una charla cívica-tributaria impartida por 2 axentes da mesma. Posteriormente,  acudiron ás instalacions da empresa Torre de Núñez onde pudieron observar o proceso industrial  dos seus produtos e onde o o director comercial Chema nos explicou o método de traballo de mesma e os resultados acadados nos últimos anos. Podedes visualizar as fotos da visita no seguinte álbum: Visita Axencia Tributaria e Torre de Núñez.

Becas e axudas para estudos postobrigatorios curso 2023/2024

Convocatoria de becas dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias:

  • BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico para o curso 2023/2024.

Prazo de presentación: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ás 24.00 horas, ambos inclusive.

O alumnado interesado achegarase ao centro para recibir máis información.

Achegamos ligazón á convocatoria e á páxina web do Ministerio onde está toda a información sobre as becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Día da Poesía 2023

Por segundo ano consecutivo, o martes 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila o Día da Poesía, para homenaxear ao poeta chairego Manuel María. Este evento foi organizado pola nosa bibiloteca Fiz Vergara Vilariño e polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Concello de Sarria  e participaron  nel todos os centros educativos da comarca de Sarria (13 en total) e superaronse os 700 participantes. Foi un evento cheo de poesía, parabéns a todos os participantes!

Día da Poesía 2023

 

 

La Saint-Valentin no noso centro

Como o 14 de febreiro é o día adicado á amizade e ao amor e, tendo en conta que a lingua francesa é moi musical e un tanto romántica, todo o alumnado da materia de Francés escribiu cartas de amor e de amizade, para logo ser repartidas no orixinal buzón do amor, polas "cupidos" de 1º BAC aos seus destinatarios, que eran tod@s elas/eles do instituto.

Entre todas as cartas presentadas, unha delas levou o gran premio, que consistía nun vale para unha comida, de dúas persoas, nun restaurante de Sarria. A afortunada foi: Firdaousse Amanchar, de 4º ESO. A maiores, tres alumnas máis, gañaron un accésit pola calidade literaria e a presentación das súas cartas cun vale de 10 € cada un, respectivamente. As gañadoras son: Melany Flores Balderrama, de 1º BAC; Lucía López de la Fuente, de 4º ESO e Eva Vilaro Vázquez, de 4º ESO.

Parabéns ás premiadas e moitas graz@s a todos polo voso gran traballo.  Podedes acceder ao Album fotos cartas Saint-Valentin.

gañador Saint-Valentin

Visitas guiadas e teatro con 2º FPB Servizos Administrativos

O xoves 23 de febreiro, o alumnado de 2º curso de FPB de Servizos Administrativos desprazouse a Lugo para participar en varias visitas guiadas, unha ao Centro de Interpretación da Muralla e outra á Casa dos Mosaicos, logo pasearon libremente polo centro histórico da cidade e como punto final asistiron a unha obra de teatro con público adulto. Podedes ver as fotos no seguinte álbum Visitas e teatro 2ºFPB Serv. Adm.

Visita Lugo

 

Vive la Chandeleur et bon appétit!

Como o 2 de febreiro se celebra o día da Chandeleur en Francia, nós tamén quixemos celebrala no noso instituto. Para iso, o alumnado dos diferentes cursos da materia de Francés elaborou crêpes na casa para a súa posterior presentación e degustación, á hora do lecer, no instituto. Houbo moita variedade de crêpes: dóces, salgadas, de chocolate, con froitas e mesmo con lambetadas! Todas elas tiveron moito éxito. De feito, non quedou nin unha soa crêpe! 

Este curso, ao igual que o anterior, de todas as crêpes presentadas, tres saíron gañadoras cuns vales de 25, 20 e 15 €, respectivamente. O xurado tivo en conta a textura, os sabores, a presentación, así como o traballo e esforzo realizados. Os alumnos premiados coas mellores crêpes foron os seguintes: 

Primeiro premio: Lucía López de la Fuente, de 4º ESO.

Segundo premio: Candela Martínez, de 1º ESO.

Terceiro premio: Aitor Rodríguez Maceda, de 2º ESO.

Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar. Album de fotos

chandelier 23

Rutas literarias polo Museo de Lugo

O alumnado de 1º ESO participou o 31 de xaneiro na actividade "Rutas Literarias polo Museo de Lugo". Previamente leron o libro "Contos de fantasmas no museo". Divididos en 4 grupos de 5 alumnos, recibiron un plano e un caderno con preguntas diferentes por grupo. A resposta atopábana seguindo as instrucións e pescudando nas vitrinas, nos cadros... ou no libro. Gañaba o grupo que tivera menos erros e rematara no tempo estipulado. Unha forma de ler e ver arte.

Podedes ver algunha foto da actividade no álbum Rutas Literarias Museo Lugo.

visita museo lugo