Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

Inicio do curso 2024/2025

DÍA 11 DE SETEMBRO

11:35 h.- Presentación do alumnado dos cursos da ESO por parte dos/as titores/as 

11:45 h.- Reunión cas/cos nais/pais do alumnado de 1º ESO no salón de actos

12:25 h.- Comezo das clases da ESO

14:30 h.- Comedor escolar

15:00 h-15:15 h: Transporte alumnado da ESO

NOTA: O servizo de transporte escolar funcionará de xeito ordinario para todos os solicitantes  desde o 11 de setembro.


 19.30 h.- Presentación  do alumnado dos Cursos de adultos (ESA) por parte dos/as titores/as

 

 DÍA 12 DE SETEMBRO

12:00 h.- Presentación do alumnado dos cursos de BACHARELATO e dos Ciclos formativos de GRAO BÁSICO, MEDIO E SUPERIOR por parte dos/as titores /as


20:00 h.- Presentación do alumnado do CS DE SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS POLO TITOR

Organización da ESA- Curso 2024/2025

Presentación dos Módulos 1 e 3: 11 de setembro ás 19:30

Avaliacións iniciais: 12 e 13 de setembro

Exames de avaliación inicial da ESA

Ámbito

Data e hora

Comunicación e Inglés

12-9-2024 de 17:15 a 19:15

Social

12-9-2024 de 19:45 a 21:45

Científico-tecnolóxico

13-9-2024 de 17:15 a 19:15

Listaxes FondoLibros curso 2024/25

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado da ESO dos libros que recibe do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2024/25. Estas listas están expostas no taboleiro de anuncios do centro e tamén poden consultarse a través da aplicación FondoLibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/.

  • Os vales para adquirir libros de texto e material escolar poden recollerse no centro a partir do 22 de xullo.
  • A entrega dos libros ao alumnado da ESO do Fondo solidario farase ao inicio do curso, é dicir, o 11 de setembro.

 

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluidas de participación no Fondo solidario de libros de texto da ESO para o curso 2024/25 (no que aparece o número de libros asignado)

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional.

A data límite para publicar as listaxes definitivas será o 26 de xullo de 2024. 


 

Publicada a relación de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. No prazo de dez días hábiles poderán enmendarse as deficiencias detectadas.

Resultados das notas ABAU

O 100% do alumnado do noso centro aprobou a ABAU. Parabéns polo éxito conseguido!

Para consultar as cualificacións, accede á seguinte ligazón.

Admisión a Formación Profesional

Ábrese o prazo para solicitar a admisión aos ciclos de formación profesional do noso centro desde o 24 de xuño ata o 4 de xullo.

Achégate ao noso centro e coñece a nosa oferta formativa:

  • Familia de Administración: FPB Servizos administrativos, CM Xestión administrativa e CS Administración e finanzas
  • Familia de Instalación e Mantemento: CM Mantemento electromecánico, CS Mecatrónica industrial e Curso de Especialización Dixitalización do mantemento industrial (novo)
  • Familia de Mecanizado: FPB Fabricación e montaxe e CM Mecanizado
  • Familia de Electricidade e Electrónica: CS Sistemas de Telecomunicacións e informáticos (oferta modular) 

Participación como xurado no premio de novela San Clemente

Un fantástico grupo de alumnos e alumnas da nosa biblioteca acaban de convertirse en parte do xurado que emitirá o fallo da XXVIII edición do premio de novela San Clemente. Para o noso centro, é toda unha honra formar parte deste importante galardón no que tamén participará alumnado dun total de dez centros educativos (seis galegos, un madrileño, un francés, un inglés e un alemán). Tedes máis información sobre esta grande noticia no blog da nosa biblioteca Fiz Vergara Vilariño.

Visita á feira de Bilbao BIEMH

Os ciclos da familia profesional de Mecanizado e Instalación e Mantemento do noso centro viaxaron ata Bilbao para visitar a feira BIEMH. Sairon o 4 de xuño e a primeira visita foi a Mecanizados Micro, no polígono industrial de Riaño en Langreo. O día seguinte estiveron na feira e puideron ver as novidades e avances tecnolóxicas no sector de Mecanizado e Mantemento. O 6 de xuño foron á empresa Izar Cutting Tools e logo visitaron o centro educativo IMH Elgoibar.

O noso alumnado e profesorado compartiu experiencia con outro centro de referencia da nosa provincia, o CIFP Politécnico de Lugo. Foi unha actividade chea de formación e a innovación tecnolóxica que pon en valor a nosa Formación Profesional.

foto feira Bilbao

Homenaxe ao noso compañeiro Eduardo Rey

No noso centro celebrouse un acto homenaxe polo cabodano do noso compañeiro de traballo durante máis de corenta anos, Eduardo Rey Moure. O acto foi presentado pola compañeira e encargada da biblioteca, Raquel Arias, e con grande emoción foi guiando un acto cheo de lembranzas á súa traxectoria persoal e profesional.

Neste acto, puidemos escoitar o podcast feito polo alumnado de 1º ESO en Radio Bolboreta para o Día da Poesía, recordando a súa figura. Logo, e coa música de fondo versionando o poema Non deixes que a tardiña me sorprenda de Fiz Vergara Vilariño da man da profesora de Música, Paula Fernández, e do alumno de 4º ESO, Marc, un grupiño de alumnos de 1º Bac plantaron unha árbore. Esta árbore foise regando con palabras de agradecemento e moito amor cara a Eduardo por parte da comunidade educativa. Para poñer fin ao acto, escoitouse unha gravación feita polo homenaxeado e o seu tamén amigo e compañeiro Xurxo Souto, cantando o poema de Fiz Vergara Non deixes que a tardiña me sorprenda, poesía que aparecía na fermosísima talla en madeira que presidiu o acto.

foto acto homenaxe