Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Música galega. Ponlle a orella!

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro comezou un novo proxecto co título Música galega. Ponlle a orella. Este proxecto iniciouse o 20 de novembro e rematará o 2 de xuño de 2023 no que participarán 15 grupos, 210 alumnos e 16 profesores, cun total de 24 cancións en galego.

Trátase dun ambicioso proxecto do noso EDLG, no que colaboraron Xurso Souto e Patricia Coucheiro e que ten como finalidade principal que a nosa cultura siga viva para que todos nos poidamos seguir máis vivos!

Podedes descargar os pdf da presentación das fichas e o caderno coas cancións.

Obradoiro de Competencias Emprendedoras

O pasado xoves 17 de novembro volvemos contar coa presenza de Rafa Vázquez, economista da Fundación Ronsel (https://fundacionronsel.org/), esta vez para impartir aos alumnos e alumnas de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional un obradoiro interactivo de competencias emprendedoras, concretamente de riscos calculados. Esta actividade xa é a cuarta dun ciclo organizado pola Aula de Emprendemento do noso centro, financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2021) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Podedes ver máis fotos no álbum Obradoiro de Competencias Emprendedoras.

taller riscos calculados

Mobilidade profesorado Erasmus

As profesoras Elena Corujo Pereiro e Esther Rodríguez Dono participaron nunha mobilidade enmarcada dentro do Proxecto 2021-1-ESO1- KA131-HED-000010538 de ERASMUS no INETE (Instituto de Educação Técnica) de Lisboa. Esta experiencia foi satisfactoria como docentes porque lles aportou outra visión de impartir docencia así como a posibilidade de traballar conxuntamente en futuros proxectos.

Na súa estadía ademais de participar o primeiro día nunha xornada de acollida e visita das instalacións do centro, mantiveron un encontro coa directora e as responsables de ERASMUS do INETE  e un grupo de profesoras noruegas que tamén estaban participando nesta estadía. O resto dos días participaron en distintas clases impartidas polos compañeiros portugueses para comprobar como organizan e imparten docencia; en concreto, na materia de Contabilidade compararon e analizaron as diferencias nos Plans Contables e demais lexislacións mercantís dos dous países. Tamén mantiveron reunión co responsable do departamento de orientación xunto cos psicólogos clínico e vocacional, que forman parte do departamento.

Froito desta estadía hai un compromiso por ambas partes de colaborar en buscar empresas no contorno de Sarria para o alumnado portugués, así como colocar o noso alumnado en empresas portuguesas para facer prácticas.

Tamén está previsto participar conxuntamente en máis proxectos internacionais dentro do ERASMUS.

Erasmus Lisboa reunión

Obradoiro de Oratoria

O pasado venres 4 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º curso de ciclos formativos de Formación Profesional e de 1º de Bacharelato contaron coa presenza de Alejandra Sánchez Barje, de Bével Consultores, que impartiu un obradoiro de oratoria dirixido a proporcionar ferramentas e recursos para emprender e para a inserción ao mundo laboral.

Esta actividade enmárcase dentro do programa organizado pola Aula de Emprendemento deste centro educativo, financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2021) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Obradoiro de Oratoria

Comezo das actividades da Aula de Emprendemento

O pasado martes 14 de outubro, os nosos alumnos de 2º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional contaron coa presenza de Dani Diéguez, da consultora Píldoras Digitales, que impartiu un taller para identificar os aspectos esenciais dun modelo de negocio.

Esta é a primeira dunha serie de actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do noso centro educativo, financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Repartición 2021) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Charla emprendemento

 

Descubrindo o roteiro "Fiz Vegara Vilariño"

O alumnado de 1º e 2º da ESO coñeceu a orixe do poeta Fiz Vergara Vilariño grazas á excursión organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Foron guiados polos profesores Eduardo Rey e  Xurxo Souto. Uniuse ao grupo o noso excompañeiro e profesor de galego Manolo Muñiz. Houbo cantos, música e moi bo ambiente ao descubrir a beleza do val de Lóuzara.

visita Lóuzara

Aula de Emprendemento

O noso IES GREGORIO FERNÁNDEZ foi seleccionado para  formar parte da Rede de Aulas de Emprendemento, segundo a  Resolución do 19 de maio da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de grao medio ou superior de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.

O Centro recibirá 5.000,00 € para esta actuación no ano 2022 que será financiada polo Ministerio de Educación e F.P. e pola Unión Europea- Next Generation UE no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Concreción curricular do centro

O contido completo da Concreción Curricular do centro pódese coñecer accedendo á sección de Alumnado no apartado de Taboleiro e á sección de Pais/Nais en Documentos de Interese a disposición para calquera membro da comunidade educativa.

I Edición do Día da Poesía en Sarria

O 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila en Sarria o Día da Poesía adicado ao poeta Fiz Vergara Vilariño e organizado pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Sarria. Asistiron máis de 400 alumnos e profesores de doce centros educativos da comarca de Sarria e cada centro foi recitando poemas deste poeta de Samos, Fiz Vergara Vilariño. Tamén interpretaron un soneto musical deste poeta dous profesores do noso centro, que foron os presentadores deste acto, Xurxo Souto e Eduardo Rei e escoitamos repetidas veces unha versión de "Terra" das Tanxugueiras na voz da nosa profesora Patricia Coucheiro e acompañada da coreografía dirixida por outra profesora nosa, Mercedes Veiga. Para finalizar o acto, presentouse un grupo musical formado por alumnos do IES Xograr Afonso Gómez que versionou un poema deste autor samanense.

Foi un acto cheo de poesía, de versos que soaban un tras outro cheos de beleza e sentimentos e que mostraban a fermosa obra que nos deixou Fiz Vergara Vilariño, para o cal reivindicouse neste acto que se lle adique por fin o Día das Letras Galegas. Parabéns a tódolos participantes!

Vídeos: Sarria, Feliz Día da PoesíaSarria celebra o Día da Poesía 

foto Día da Poesía

Interpretacións realizadas polo alumnado de 1º BAC Curso 2020/21

Bella Ciao interpretada por 1º Bac:

 Heart and Soul interpretada por 1º Bac: