Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

eTwinning

Programa de Radio Bolboreta sobre a primeira parte do noso proxecto

Na primeira parte do proxecto eTwinning Math, Music and Emotions, analizamos os significado de cada unha das emocións escollidas polo alumnado dos tres países: medo, asco, ira, tristeza, alegría e melancolía. Resumimos todo este coñecemento nun programa de Radio Bolboreta.

Con estas ideas claras, o alumnado seleccionou seis cancións galegas buscando que cada unha delas representase unha das emocións traballadas. Finalmente, compartimos as cancións cos nosos compañeiros fineses e chipriotas e valoramos en que grado nos producía cada emoción cada unha das cancións. 

As nosas cancións escollidas foron as seguintes, podes adiviñar para que emoción foi pensada cada unha delas?

Memoria da noite. Luar na Lubre

Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez

O mazo armado. Nao Galiza

O tren. Andrés do Barro, versión de Louband.

A cinza. Mounqup.

Fisterra. Milladoiro.

 

 

Poster sobre as emocións

O alumnado de 2º ESO elaborou este póster sobre as emocións para colgar na súa aula. As imaxes proceden de debuxos e fotografías seleccionadas do traballo colaborativo internacional feito ao longo deste trimestre.

Traballamos as emocións

As alumnas da materia de Antropoloxía, de 1º BAC, deron unha clase sobre emocións ao alumnado de 2º ESO. Moitas grazas a Lidia, Lucía, Christian e Yanira, un traballo fantástico!

 

Novo proxecto eTwinning

Durante o curso 2023-24 estamos a desenvolver co alumnado de 2º ESO un Proxecto eTwinning conxuntamente con centros de Finlandia e Chipre. O Proxecto chámase "Math, Music and Emotions". Ao longo do proxecto analizaremos se a música transmite as mesmas emocións independentemente da cultura da que proceda o ouvinte.