Skip to Content

Xeografía e Historia

Visita a Pontevedra

 O xoves 16 de maio, o alumnado de 4º de ESO e da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou Pontevedra. Estiveron no Museo, no edificio de Arte Contemporánea, disfrutando da obra de Castelao, Maside, Colmeiro ou Maruxa Mallo. E despois de xantar, visitaron o Castelo de Soutomaior paseando polos seus xardíns e polo interior, onde puideron visionar uns videos moi didácticos sobre unha etapa da nosa Historia complexa e non sempre explicada en clase.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> PontevedraHMC

A represión franquista no Val Miñor

  O pasado luns 13 de maio acompañáronnos, nun triste pero necesario repaso pola Historia do Franquismo e da Transición, Telmo Comesaña, Celso López e Manolo Pipas.

Asistiu o alumnado de ESO e Bacharelato así como o alumnado de ESA. Todos os grupos valoraron moi positivamente este tipo de charlas.

Esperamos poder seguir abrindo a escola á vida

Selecciona a foto inferior para ver o álbum da actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> RepresiónValMiñor

Represión franquista no Val Miñor

 O luns 13 de maio o Departamento de Xeografía e Historia organiza no centro unha charla sobre a Represión franquista no Val Miñor. Será impartida por Telmo Comesaña da Asociación Viguesa pola Memoria do 36

 

Proxecto Terra: Allariz

O alumnado de 2º de ESO, acompañado polos profesores Buga, Tareixa e Adrián, están de viaxe en Allariz, no marco do Proxecto Terra.

Selecciona a foto inferior para ver todo o álbum desta actividade Neste enlace podes consultar unha breve reseña desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> ProxectoTerra

2º Premio na V Olimpíada de Xeografía

O alumnado de 2º de Bacharelato de CC Sociais do noso centro ven de participar na V Olimpíada de Xografía, celebrada o pasado venres 22 de Febreiro na Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Tras acadar o 2º posto, estamos clasificados para participar na Olimpíada a nivel estatal que se celebrara en Murcia no mes de abril

Selecciona a fotografía inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> OlimpiadaXeografía
Distribuir contido


by Dr. Radut