Skip to Content

Música

Presentación dos libros "Os Músicos do Val Miñor"

invitacion mini musicos val minhorOrganizado polo Centro Juan María e o IES Escolas Proval, o próximo venres, 26 de outubro, ás 19 h., no auditorio de Nigrán terá lugar a presentación dos libros "Os Músicos do Val Miñor" obra de teatro musical de Paula Carreras Silva, en tres versións, orixinal e adaptada ás discapacidades intelectual e visual, que mereceu o premio CreArte 2011

No acto intervirán Xosé Neira Cruz, profesor da Facultade de Xornalismo da USC, xestor cultural e autor destacado da literatura infantil, Paula Carreras Silva, Isabel Alonso Abalde e dous alumnos dos centros.

Concerto de música de cámara en Proval

Música e teatro en Proval

Onte, martes, 5 de abril, foi o estreno da obra Os músic@s do Val Miñor, con texto de Paula Carreras inspirado no conto Os músicos de Bremen, dos irmáns Grimm. Na montaxe participaron alumnos e alumnas  do colexio Juan María ademáis dos de Proval. O éxito do evento foi total. Parabéns á profesora Paula Carreras e ao alumnado participante.

Esta obra será representada de novo en Proval o día 5 de maio e os días 6, á tarde, e 7 e 8, pola mañán, no auditorio de San Miguel de Oia.

Referencia do evento no xornal La Voz de Galicia

Letra de QUIMERA: mención especial no concurso Cantalingua 2010

QUIMERA

 

 

Se pecho os ollos podo ver

unha estreliña no meu corazón

que engaiolada ao mencer,

agarda a noite , o seu amor.

 

 

E alí poder brillar,

sen cadeas vivir,

e alí poder soñar,

liberdade sentir.

No mar alumear,

no vento mergullar,

na terra navegar,

e en min poder amar.

QUIMERA: mención especial no concurso Cantalingua 2010

Alumnos 4º ESO interpretan QuimeraOs alumnos  de 4º da ESO recibiron "Mención especial" no concurso "Cantalingua 2010" coa peza "Quimera".

Distribuir contido


by Dr. Radut