Skip to Content

Secretaría

Premio de innovación na FP por "Telerrobot con realidade virtual"

O proxecto “Telerrobot con realidade virtual” no que participa o noso departamento de Electrónica -xunto co IES Politécnico de Vigo e o IES Ricardo Mella- vén de ser recoñecido nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional.

Axudas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballlo

Publicada a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. Primeiro prazo: 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. Segundo prazo: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.

Fin de curso

Achégase o remate deste curso tan especial e, con el, as datas de cualificacións finais. Sorte a todxs e grazas polo voso esforzo!

 

Preinscrición ESA 2020-21

Aberto o prazo de preinscrición na ESA para o curso académico 2020-21. Pode descargar o impreso de solicitude (ANEXO VIII "Solicitude de admisión en centros docentes que imparten ensinanazas persoas adultas"), así como as instrucións de admisión e matrícula no seguinte enlace.

Data: do 1 ao 15 de xuño (ambos inclusive) 

Lugar: secretaría do IES Escolas Proval 

Horario: de 09.00 a 14.00 horas.

Para a solicitude de admisión, alén do impreso adxunto, debe entregar a seguinte documentación

  • Certificación académica completa dos estudos cursados (ESO, PCPI, FP....). Non é necesario para o alumnado que xa está cursando a ESA neste instituto no curso 2019-20.
  • Fotocopia do DNI
Distribuir contido


by Dr. Radut