Skip to Content

Animación á lectura

Día do libro

 

 Dende o ano 1995, cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Este ano a Consellería de Cultura e Educación editou un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal da autora Rosalía Fernández Rial. 

 No IES Escolas Proval tamén celebramos este Día con varias actividades

Mércores de cine do clube de lectura

 

  O vindeiro mércores, 8 de febreiro, o alumnado do clube de lectura poderá asistir á proxección da película Un cadaver a los postres (Murder by Death, Robert Moore, 1976). 

  Máis información no noso blogue.

 

Encontro Otaku de clubes de lectura

  O pasado 21 de novembro alumnado de Proval participou no encontro Otaku de clubes de lectura. Unha xornada chea de actividades tales como concurso de Pokemon, concurso de debuxo, ximcana ou a representación teatral " Como sobrevivir a un apocalipsis zombie".

  Preme na foto para ver a galería de fotos desta xornada.

24 de outubro: Día das bibliotecas escolares

 

Coa conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar trátase de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas e destacar a súa importancia como espazo para a aprendizaxe e a convivencia.

O lema elixido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a elaboración dos seus materiais este curso 2016/17 é Biblioteca escolar - Territorio das Artes, e Minia Regos a creadora que o interpretou.

Con motivo da celebración deste día, o equipo de biblioteca do centro elaborou un sinxelo marcapáxinas para distribuír entre a súa comunidade educativa como agasallo. Incluíuse a ilustración de Minia Regos, que convida a entrar na biblioteca como medio para achegarse ás distintas artes: arquitectura, cine, cómic, danza, escultura, fotografía, literatura, música, pintura, teatro…

Iso e máis hai na nosa biblioteca escolar. E está á vosa disposición!

 

 

 

O clube de lectura "A tiro limpo" presenta...

  O pasado 22 de xuño, último día de clase, puidemos disfrutar de O caso da mansión Watersdown, un xogo-almorzo ao estilo de 10 negritos de Agatha Chistie. E aquí poden verse as fotos do evento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut