Skip to Content

Curso 2015-16

Anuario de actividades

  Neste enlace pode consultarse o Anuario de actividades do curso 2015 16 elaborado pola Vicedirección. 

abalarMóbil

O IES Escolas Proval pasou a formar parte da Rede de Centros que utilizan a aplicación abalarMóbil, co fin de facilitar o acercamento entre o profesorado e as familias. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida, que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos (notas, faltas de asistencia, etc).

Poden consultar cómo descargar e utilizar a aplicación no seguinte enlace e no arquivo adxunto: abalarMóbil

Pompeia, catástrofe debaixo do Vesubio

24 de agosto do ano 79 dC. O Vesubio entra en erupción e a lava soterra Pompeia.  ¿Queres coñecer como era a vida en Pompeia nese momento? Descúbreo na nosa bibloteca ou neste percorrido fotográfico.

Pompeia, catástrofe debaixo do Vesubio:  unha exposición organizada polo Clube de lectura A tiro limpo coa colaboración de alumnado de Xeografía e Historia de 1º de ESO e Linguas Clásicas de 1º Bacharelato.

O clube de lectura "A tiro limpo" presenta...

  O pasado 22 de xuño, último día de clase, puidemos disfrutar de O caso da mansión Watersdown, un xogo-almorzo ao estilo de 10 negritos de Agatha Chistie. E aquí poden verse as fotos do evento.

 

Premiados no I Consurso de Fotografía "Serra da Groba"

Xa temos gañadores do I Concurso de Fotografía Serra da Groba, auspiciado polo clube de lectura A tiro limpo.

 

Primeiro premio para Lidia Pérez Alonso (1º Bacharelato B):

 

Accesit para David Da Costa Piñeiro (1º CFGM Xestión Administratva):

 

Distribuir contido


by Dr. Radut