Skip to Content

Concurso de relatos contra a violencia machista

 

CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Doulle voz ás silenciadas"

Este ano 52 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida.

Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñan persoas queridas, ilusións, desexos, preocupacións, familia..., lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas. Podes acceder ñas súas biografías premendo na ligazón.

Para crear o noso relato, lemos o texto coas breves noticias sobre os asasinatos de todas esas mulleres e escollemos unha delas para sermos a súa voz.

Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa ou acompañándoa como unha voz amiga.

O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, pdf, odt...) e enviarase ao correo equipoedlproval@gmail.com Data límite de envío: 5 de decembro.

Este concurso, que ten como fin visibilizar as vítimas da violencia de xénero concienciar a toda a comunidade educativa sobre esta lacra, divídese en dúas categorías:

  • A: 1º, 2º e 3º de ESO e 1º FPB
  • B: 4º de ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA e ciclos.

Haberá tres premios por cada categoría (entregaranse en vales para a cafetaría do centro): 

  • 1º premio: 15€
  • 2º premio: 10€
  • 3º premio: 5€

Organizan: Departamento de Galego, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Igualdade

 



book | by Dr. Radut