Skip to Content

Erasmus+ en Dublín

Iñaki Brea, o noso alumno recén titulado como técnico superior en Administración e Finanzas, está gozando dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade de estudantes para prácticas en Dublín. A compañía na que está completando a súa formación profesional chámase Chopped Fairview, empresa de comida saudable enfocada fundamentalmente á xente traballodra de hoxe en día que carece de tempo para preparala e cuxo lema é: “Eat Good, Feel Good”. Para a localización da organización de acollida contamos coa axuda da empresa intermediaria Intern Xperience, que xa colaborara co noso centro nas mobilidades para prácticas de catro alumnos en Malta e dous en Italia o curso pasado.
 


book | by Dr. Radut