Skip to Content

Premios á excelencia en 2º Bacharelato

 Parabéns á nosa alumna do bacharelato de Ciencias Elena García Herbello ao ser galardoada no Acto de recoñecemento da USC aos mellores expedientes de centros de ensino medio de Galicia.O evento desenvolveuse o 4 de xullo no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela e nel participaron os estudantes cunha cualificación superior a 9 de media entre a parte obrigatoria da ABAU e o bacharelato.

 Lembremos que Elena xa obtivera neste curso unha matrícula de honra, ao igual ca Jaime Martínez Veiro, do bacharelato de Humanidades e ciencias sociais. Ademais tamén se presentou ás probas dos Premios extraordinarios de bacharelato que tiveron lugar o 27 de xuño.

 Preme a foto inferior para ver algunha das fotos do acto de entrega dos premios

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> PremioExcelencia2Bac


album | by Dr. Radut