Hoxe, martes 21 de marzo, o noso Centro sumouse á segunda edición de “Xornalismo na Escola”, una iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas deGalicia e a Obra Social “la Caixa” que ten por obxecto impartir obradoiros entre os escolares de 3º e 4º da ESO nosinstitutos de educación secundaria de Galicia.Neste caso, alumnos de cuarto daESO participaron desta iniciativa.O obxectivo e tratar de inculcar na xuventude o espírito crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |