CONCERTO DIDÁCTICO

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 07:50
25/04/2013 00:30
25/04/2013 13:45
Etc/GMT+1

Programada polo Departamento de Música do IES POETA DÍAZ CASTRO, o vindeiro xoves día 25 de abril, alumnado deste centro asistirá no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a un concerto didáctico.

Nesta actividade o alumnado estará acompañado polas profesoras SANDRA TENREIRO DOLDÁN e CONSUELO OTERO YÁÑEZ.

 

 

 

VIAXE DIDÁCTICA A ITALIA

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 04:52
11/04/2013 07:00
17/04/2013 07:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato marchásenos uns días en viaxe de estudos a ITALIA.

Esta aventura arrancará o xoves día 11 de abril, ás 7:00 da mañá no instituto, de onde sairemos en bus cara a LISBOA, para alí embarcar en avión rumbo a Italia.

Nesta visita, permanecerán en ROMA dende a chegada ata o domingo día 14 de abril, momento no que se desplazarán en bus ata FLORENCIA, cidade que sen dúbida disfrutarán ata a fin da viaxe.

Sairán de novo cara a Guitiriz (vía Lisboa de novo) o martes día 16 de abril, se ben non chegarán ata a madrugada do mércores 17.

Nesta viaxe, estarán acompañados pola profesora MARÍA MIRAGAYA PEREIRA e o profesor JULIO GONZÁLEZ IGLESIAS.

 

Aquí vos deixamos uns enlaces para que podades ver e/ou descargar o programa da viaxe (previsto, xa se verá se se pode cumplir todo). Tamén poñemos á vosa disposición unha serie de recomendacións para os viaxeiros, así como unha guía caseira con información de todo o que pretendemos ver...

Boa viaxe!

CAMPIONATO DE ATLETISMO

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 04:33
10/04/2013 10:00
10/04/2013 14:00
Etc/GMT+1

O vindeiro mércores día 10 de abril, e organizado polo Departamento de Educación Física, terá lugar un Campionato de Atletismo.

Para iso o alumnado afectado desplazarase ao Balneario de Guitiriz, acompañados por profesorado do centro.

Corre que chove!

Concurso de Fotografía: O tempo na RTVG.

Enviado por nuriapena o Mér, 20/03/2013 - 09:52

Queridos artistas: aínda estades a tempo de participar neste concurso de fotografía. Parabéns a Lidia González Iglesias por estar dentro das seleccionadas. Aqui tedes o enlace para votar pola súa foto (lembrade que hai que rexistrarse): CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS DO TEMPO

( categories: )

FOTOS e VIDEOS do P.C.P.I.

Enviado por admin o Ven, 08/03/2013 - 13:00

PARA VER ALGUNHA FOTO DO P.C.P.I. PODES ACCEDER DENDE AQUÍ.


E AQUÍ TEDES UN VÍDEO DOS NOSOS "CURRANTES":


 


 


E OUTRO MÁIS:


 

( categories: )

VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Enviado por admin o Mér, 06/03/2013 - 07:30
14/03/2013 08:30
14/03/2013 19:30
Etc/GMT+1

Organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA, e acompañados polos/as profesor/as MÓNICA CAMPO, ANTONIO FRADE e ELENA HAZ, o alumnado de 1º de E.S.O., xunto co grupo de Diversificación Curricular de 3º de E.S.O. van realizar o vindeiro xoves día 14 de marzo unha visita didáctica a SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Nesta visita, levaránse a cabo diversas actividades, que a continuación se sinalan:

 

1. Percorrido pola Catedral de Santiago e as súas cubertas.

2. Gravación dun programa de radio na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago.

3. Xincana pétrea.

 

VISITA DIDÁCTICA A REGANOSA

Enviado por admin o Mér, 06/03/2013 - 07:20
14/03/2013 00:30
14/03/2013 13:45
Etc/GMT+1

Organizada polo departamento de TECNOLOXÍA, o vindeiro xoves día 14 de marzo, un grupo de alumnos/as do centro realizarán unha visita didáctica ás instalacións de REGANOSA, en Mugardos (A Coruña).

A saída do instituto será ás 8:30 horas, tendo prevista a chegada de volta ás 13:45.

Acudirán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA.

VISITA DIDÁCTICA A A CAPELA

Enviado por admin o Xov, 21/02/2013 - 05:03
00/00/
Array

Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO visitou o Museo de Xogos Tradicionais de A Capela.

Esta visita realizouse o venres 15 de febreiro. Sairon do instituto ás 8:30 h.  e retornaron ao centro ás 14:00 h., tras pasar unha xornada na que se combinan dun xeito entretido e didáctico aprendizaxe, respeto pola tradición e diversión.

 

 

PCPI II: FIN DO 1º CUADRIMESTRE

Enviado por admin o Xov, 21/02/2013 - 04:34

A Dirección e Profesorado do segundo curso do Programa de Cualificación Profesional Inicial queremos transmitir os nosos parabéns ao alumnado do mesmo por ter acadados os MODULOS OBRIGATORIOS, o que os habilita para o Acceso a Ciclos Medios da rama profesional de FABRICACIÓN MECÁNICA (Ciclo Medio de MECANIZADO e Ciclo Medio de SOLDADURA E CALDEREIRÍA).

Para nós é importante esta circunstancia, toda vez que supón un avance académico do noso alumnado e do seu grupo de referencia así como a consecución dun obxectivo común: a implementación do PCPI II no I.E.S. Poeta Díaz Castro.

Manteremos a petición de chegar a impartir o Ciclo Medio de SOLDADURA E CALDEREIRÍA, tan necesario para a procura do autoemprego na Comarca e para o que as nosas instalacións están preparadas.

A segunda parte dos estudos do PCPI II, supoñen a preparación para a obtención do Título de Graduado en E.S.O., que facultará aos/as alumnos/as que o obteñan o acceso a calquera Ciclo Medio ou Bacharelato. Esperamos que o noso alumnado acade bós resultados e poida seguir avanzando na súa formación.

( categories: )

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Enviado por admin o Mér, 06/02/2013 - 09:32

O venres 8 de febreiro, entre as 12:00 h. e as 13:45 celebraremos o entroido co

 

GRAN CONCURSO DE DISFRACES

 

Requisitos para participar:

- Poderán participar todos os grupos que o desexen, tanto da E.S.O. como de BAC.

- Será necesario presentarse disfrazados e representar unha parodia coa correspondente canción ou tema musical.

 

Premios:

1º PREMIO:  50 €

2º PREMIO:  20 €

3º PREMIO:  10 €

Estes premios serán en consumicións na cafetería do I.E.S.

 

O Xurado estará formado por profesores/as, alumnos/as e persoal non docente.

 

NOTA: Os autobuses sairán ás 14:00 h., horario habitual de saída dos venres.

Distribuir contido