Proxecto Terra: A Cidade de Pontevedra

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:17
00/00/
Array

O alumnado de 3º ESO (PDC incluido) desprazase o día 10 de abril a Pontevedra para participar na actividade programada no marco do Proxecto Terra.

Aquí tedes  o programa da actividade:

10:30.- A visita inícase cun percorrido en autobús pola ría ata chegar ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

11:00-12:30.- Paseo polo parque de Lourizán con explicacións a cargo dos guías do parque.

12:30-13:15.- Paseo en autobús desde Lourizán por distintos barrios de Pontevedra, rematando

o percorrido as 13:15 na Alameda, diante do Concello.

13:15-14:15.- Paseo polo centro histórico de Pontevedra facendo fincape nas actuación de peonalización e restauración así como na arquitectura histórica do casco. Rematamos as 14:30 na Peregrina.

14:15-15:15.- Tempo para o xantar, que corre pola vosa conta. As 15:15 xuntaredevos o grupo na praza da Ferrería para encamiñarvos cara o Museo de Pontevedra.

15:30-17:00.- Visita guiada ao museo de Pontevedra a cargo dos guías do museo. A visita pretende explicar a historia do museo, os seus edificios e coleccións que acolle.

17:00.- Remataremos a visita, recolléndovos o autobús na beira do rio, nun punto próximo ao museo, encamiñándovos de volta cara o centro.

Non faremos paradas no autobus ata chegar a Lourizan as 11:00 polo que sería aconsellable que foran ao aseo antes de sair. Tamén deberían levar un pequeno bocadillo, froita, bebida... para media mañá xa que non faremos paradas ata a hora de xantar ás 14:15.

Charla con membros da productora cinematográfica Via Láctea

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:11

O martes 27 de marzo, a última hora da mañá (14:10-15:00), o equipo da productora Via Láctea mantivo unha entretida charla co alumnado de 2º de ESO, 4º de ESO e 1º de BAC no salón de actos, para presentar a súa última producción: "Vilamor".

Vía Láctea Filmes é unha productora de Galicia que se adica á producción de longametraxes de ficción, longametraxes documentais para salas, películas para televisión, e documentais para televisión.

Visita didáctica á Fundación Caixa Galicia e a Fundación MACUF

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 07:41
00/00/
Array

Acompañado pola profesora Nuria Pena Figueruelo, o día 23 de marzo os/as alumnos/as de Educación Plástica e Visual (Sección Bilingüe) dos cursos 3º e 4º de ESO fixeron unha visita á Fundación Caixa Galicia e ao Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa (MACUF), ámbolos dous de A Coruña.

A Fundación Caixa Galicia nace no ano 1989 co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións.

O Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa (MACUF) é un centro multidisciplinar de cultura contemporánea, cuxo prestixio e calidade son un referente no ámbito sociocultural galego.

Visita didáctica a Lugo

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:15
00/00/
Array

O alumnado de 1º de ESO desprazaráse a Lugo o vindeiro venres, 23 de marzo, para realizar unha visita didáctica á cidade.

Acompañados/as pola profesora Mª José Fernández Gallego, visitarán a exposición ROMANORUM VITA, ademáis da CASA DOS MOSAICOS e outros lugares de interese da vila.

Teñen prevista a saída do instituto ás 9:20 h. e estarán de volta en Guitiriz ás 14 h.

Visita didáctica á Capela

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:12
00/00/
Array

Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO visitará o Museo de Xogos Tradicionais de A Capela.

Esta visita realizaráse o venres 16 de marzo. Sairán do instituto ás 8:30 h. tendo prevista a volta para as 14:00 h.

Ciclo de Teatro Clásico de Lugo

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 07:04
00/00/
Array

O vindeiro día 14 de marzo, mércores, organizado polo departamento de Latín, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3º de ESO, 4º de ESO e Bacharelato realizará un desprazamento a Lugo para asistir a unha representación de Teatro Clásico.

Sairán de Guitiriz ás 10:10 h. e voltarán aproximadamente ás 19:00 h.

Obradoiro "OPS"

Enviado por admin o Lun, 27/02/2012 - 10:10
00/00/
Array

Coa organización do Equipo de Normalización Lingüística, xunto coa Biblioteca e o Departamento de Actividades Extraescolares, o vindeiro venres día 13 de abril desenvolveráse no instituto un obradoiro de portugués simple (OBRADOIRO OPS).

Neste obradoiro, que terá unha duración de 100 minutos, participarán os seguintes grupos co horario que se lles asigna:

3º de ESO: de 10,10 a 12,10
4º de ESO: de 10,10a12,10
1º de BAC: de 12,10 a 14,00
2º de BAC: de 12,10 a 14,00

3º ESO ESTATÍSTICA

Enviado por admin o Xov, 09/02/2012 - 20:15

 Por mor da celebración en 2013 do "Ano Internacional da Estatística", disfrutamos  no instituto da exposición "Un mar de datos".

Foi realizada por Mathieu Kessler, profesor de Estatística da Universidade Politécnica de Castellón, a quen lle agradecemos a súa desinteresada colaboración.

Vídeos, páxinas e blogs relacionados

 

Vídeo nº 1 Que é a estatística? 

http://www.youtube.com/watch?v=8WU0Tz8ueaQ 


Actividades  vídeo nº 1.doc


Actividades  vídeo nº 1.odt

Actividades  vídeo nº 1.pdf

Vídeo nº  2 como se realizan as estatísticas 

http://www.youtube.com/watch?v=_SO0kv3rk2o 


Actividades vídeo nº 2.doc

Actividades vídeo nº 2.odt

Actividades vídeo nº 2.pdf
 

Vídeo nº 3.   Se España fose un país de 100 habitantes

http://www.youtube.com/watch?v=UX8vAZ327Ng    


Actividades  vídeo nº 3.doc


Actividades  vídeo nº 3.odt


Actividades vídeo nº 3. pdf


 

Vídeo nº  4 Quen está ahí?

http://www.youtube.com/watch?v=6R9Sopo9wfg&feature=player_embedded#


Actividades Vídeo nº 4.doc

Actividades Vídeo nº 4.pdf

Actividades Vídeo nº 4.odt
 

Vídeo nº  6    Un día en cifras

http://www.youtube.com/watch?v=UKLHWzK5tjA


Actividades vídeo nº 6.doc


Actividades vídeo nº 6.odt


Actividades vídeo nº 6.pdf


Vídeo nº  7    IPC

http://www.youtube.com/watch?v=IIU1RxFgjdc


Actividades vídeo nº 7.doc


Actividades vídeo nº 7.odt


Actividades vídeo nº 7.pdf

Vídeo Nº 8  Proxeccións de poboación


http://www.youtube.com/watch?v=u32cg0Srees

 
 
 

Blog:  Un mar de datos

http://nadandoenunmardedatos.blogspot.com.es/

Introducción (I) á estatística

https://www.youtube.com/watch?v=JkAW6EwBEPs

 

Introducción (II) á estatística

https://www.youtube.com/watch?v=OPkGxnEXLsI

Instituto Nacional de Estadística

http://www.ine.es/

Instituto Nacional de Estadística. Portal educativo

http://www.ine.es/explica/explica.htm 

Problemas e curiosidades estatísticas

http://platea.pntic.mec.es/~jescuder/estadist.htm

Dous siglos de gráficos estatísticos. Florence Nightingale

http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:vMhQgMobb2sJ:www.ine.es/expo_graficos2010/expogra_autor4.htm+&cd=12&hl=es&ct=clnk&gl=es

Media, mediana e moda
https://www.youtube.com/watch?v=UwlKFdM7ms8
Blog departamento de Matemáticas IES Xoán Montes

http://matematicasxoanmontes.blogspot.com.es/

 

 

Visita Didáctica a BERLÍN

Enviado por admin o Lun, 06/02/2012 - 07:48
00/00/
Array

Dende o luns 13 ata o venres 17 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha visita didáctica a BERLÍN, acompañados polos profesores

RAMÓN ERIAS VILAS

JOSÉ MANUEL ARES SÁNCHEZ

 

AQUÍ TEDES UNHA SELECCIÓN DAS FOTOS DA VIAXE

 

Listado de alumndado participante

VISITA DIDÁCTICA AO PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

Enviado por admin o Lun, 06/02/2012 - 07:23
00/00/
Array

O venres 17 de febreiro, acompañados polos profesores José Engroba e Agustín Paredes, os/as alumnos/as de 3º de E.S.O., xunto cos seus compañeiros do Programa de Diversificación Curricular, tamén de 3º, realizarán unha visita didáctica ao Parque Eólico Sotavento.

A saída faráse ás 9:20 horas, para voltaren a Guitiriz ás 14:00.

Distribuir contido