CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Enviado por admin o Mér, 06/02/2013 - 09:32

O venres 8 de febreiro, entre as 12:00 h. e as 13:45 celebraremos o entroido co

 

GRAN CONCURSO DE DISFRACES

 

Requisitos para participar:

- Poderán participar todos os grupos que o desexen, tanto da E.S.O. como de BAC.

- Será necesario presentarse disfrazados e representar unha parodia coa correspondente canción ou tema musical.

 

Premios:

1º PREMIO:  50 €

2º PREMIO:  20 €

3º PREMIO:  10 €

Estes premios serán en consumicións na cafetería do I.E.S.

 

O Xurado estará formado por profesores/as, alumnos/as e persoal non docente.

 

NOTA: Os autobuses sairán ás 14:00 h., horario habitual de saída dos venres.

Suspensión da actividade docente o martes día 22 de xaneiro

Enviado por admin o Mar, 22/01/2013 - 10:09

 

Ante o aviso dun fenómeno meteorolóxico adverso por nevadas por parte da Axencia Estatal de Meteoroloxía e de Meteogalicia, e co fin de posibilitar o retorno do alumnado transportado ós seus fogares, a Direccion deste centro decidiu suspender as actividades docentes hoxe martes día 22 de xaneiro a partires das 11 h.

Para o mércores día 23 a previsión é que a actividade docente e o transporte escolar se desenvolvan con normalidade.

Non obstante, a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia veñen de avisar ás 13:56 h.  dun fenómeno meteorolóxico adverso para mañá día 23 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico da Montaña de Lugo e Montaña de Ourense, con acumulación de neve superior a 10 cm; e no Sur de Lugo, Sur de Ourense e Valdeorras, unha acumulación superior a 2 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Secretría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Educación acordou para mañá, día 23 de xaneiro, o seguinte:

1. A suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e montaña de Ourense (o que non afecta ó noso concello).

2. A non suspensión da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.

Tal e como se solicita dende a Secretaría Xeral, a direción do centro permanecerá atenta á información meteorolóxica facilitada pola páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) e extremará a vixilancia das condicións meteorolóxicas existentes na zona de situación do noso centro escolar, por se as circunstancias da localidade chegaran a supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

Representación teatral de "L'Avare"

Enviado por admin o Mar, 18/12/2012 - 10:19

 

O mércores 5 de decembro, o alumnado de Francés, acompañados polas profesoras JACQUELINE LÓPEZ e BEGONIA IGLESIAS, disfrutaron en Lugo da representación da obra de teatro L'AVARE, de Molière.

Estamos seguros de que disfrutaron da mesma.

 

 

 

 

 

 

Visita a Vigo

Enviado por admin o Mar, 13/11/2012 - 08:33
00/00/
Array

 

O vindeiro venres 16 de novembro, acompañados/as polos/as profesores/as RAMÓN ERIAS VILAS e ANA SÁNCHEZ EXPÓSITO, un grupo de alumnos/as de diversos cursos desprazaránse a Vigo, onde visitarán o MUSEO DO MAR e a ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA DE MINAS da Universidade de Vigo.

BÓTALLE UN OLLO ÁS FOTOS DA VIAXE.

Premio á Aula Mellor Coidada

Enviado por admin o Xov, 18/10/2012 - 08:22
00/00/
Array

Como premio polo coidado con que habitaron a súa aula durante o pasado curso 2011-2012, os alumnos/as que nese curso estiveron no grupo 1º de ESO A, farán unha pequena excursión a A Coruña o vindeiro martes día 23 de outubro de 2012.

Acompañados pola que foi a súa titora, a profesora de inglés Manu Balsa, sairán do instituto ás 9:20 h.  e teñen prevista a chegada de novo ao centro aproximadamente ás 14:45 horas.

AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS FOTOS DESE DÍA

CAMBIOS NO SISTEMA EDUCATIVO

Enviado por admin o Mar, 16/10/2012 - 08:44

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

Enviado por admin o Mér, 04/07/2012 - 06:50

Acceda dende aquí ao listado oficial dos libros de texto a empregar no presente curso:

( categories: )

Visita á Residencia Padre Rubinos

Enviado por admin o Mar, 12/06/2012 - 04:23

O vindeiro martes día 20 de xuño, o grupo de alumnos/as VOLUNTARIOS SOLIDARIOS de este instituto farán unha visita didáctica á Residencia Padre Rubinos de A Coruña.

Estarán acompañados polas profesoras Manu Balsa (Inglés, e animadora do grupo de voluntarios solidarios) e Verónica del Río (orientadora).

Sairán de Guitiriz ás 8:30 horas, e retornarán aproximadamente ás 14:00.

Este grupo de voluntarios está a desenvolver, baixo o pulo da profesora Manu Balsa, unha chea de actividades solidarias que pouco a pouco van dando froitos. Trátase, sen dúbida, dunha tarefa ineludible na súa formación e educación como cidadáns solidarios do futuro.

Ánimo, rapaces!

Ruta da Auga

Enviado por admin o Xov, 07/06/2012 - 03:57
00/00/
Array

Co acompañamento dos profesores Alfredo Haz e José Manuel Ares, os/as alumnos/as de 1º de ESO (grupos A e B), máis os alumnos do Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) levarán a cabo o itinerario que vai da Capela de San Alberte a Guitiriz seguindo a Ruta da Auga.

Esta actividade terá lugar o vindeiro xoves día 21 de xuño e ocupará practicamente toda a mañá, pois a saída do centro está prevista ás 8:30, tendo establecida a volta ao instituto a eso das 13:45 horas.

 

Proxecto Ríos (Parga)

Enviado por admin o Xov, 07/06/2012 - 03:51
00/00/
Array

Organizada polo departamento de Ciencias Naturais, o vindeiro venres día 8 de xuño de 2012, o alumnado do grupo B do 2º curso da ESO, acompañado polos profesores Ramón Erias e Catalina Romero, levarán a cabo unha actividade encadrada dentro do PROXECTO RÍOS.

Sairán do instituto ás 10:10 horas, para volta a eso das 12:00h.

 

 

Distribuir contido