Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
A LUS DO MUNDO acéndese en Guitiriz: XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO autor das Letras Galegas 2014!Enviado por admin o Ven, 21/06/2013 - 15:06
Por fin! A Real Academia Galega ven de decidir homenaxear no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2014 ao poeta que dá nome ao noso centro: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Gracias e parabéns a todos/as os/as que fixestes posible que este obxectivo fose acadado!! VÉMONOS EN GUITIRIZ!! Enlaces:
Presentación no ÁGORAEnviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 06:48
11/06/2013 00:48
11/06/2013 23:48
Etc/GMT+1
Seguindo coa tarefa de impulsar a figura de Xosé Mª Díaz Castro como candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas do 2014, o martes 11 de xuño, ás 16:45, é presentado o documental A LUS DO MUNDO no Centro Cultural ÁGORA, en A Coruña. Ata alí se desprazarán un grupo de profesores/as do centro, así como a directora do documental, Cristina de la Torre, e un grupo de alumnos/as que participaron en diversos aspectos da producción. Tras a presentación, haberá un coloquio no que intentarán respostar ás dúbidas ou curiosidades que o público asistente lles queira transmitir. Un paso máis! É dos primeiros dos moitos que nos quedan por dar ata lograr o noso obxectivo.
Reseña na prensa: LA VOZ DE GALICIA, 12 de xuño de 2013 ( categories: )
Campións!Enviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 06:34
O equipo EQUIPOAGUSTÍN, do IES POETA DÍAZ CASTRO, e fomado polos alumnos ÓSCAR LÓPEZ VÁZQUEZ DAVID PENA ROCA MARTÍN FERNÁNDEZ LOBEIRAS coordenados polo profesor Eugenio Losada Vázquez conseguiron clasificarse no I Campeonato de España de modelado 3D de precisión con tu móvil como MELLOR EQUIPO DA PROVINCIA DE LUGO, ao obter o PREMIO D3MOBILE-DEPUTACIÓN DE LUGO no campeonato citado.
( categories: )
Guitiriz invadiu A CoruñaEnviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 03:56
O día 10 de xuño, unha delegación do instituto acompañou a Alfonso Blanco Torrado, coordenador da Asociación Cultural XERMOLOS, á presentación na Real Academia Galega dos actos de conmemoración do centenario do nacemento do poeta que dá nome a este centro: Xosé María Díaz Castro. Aquí podedes consultar a reseña no xornal: Información en "La Voz de Galicia" E aquí podedes ver algunhas fotos do acto: Fotografías da presentación na R.A.G. A ver se temos sorte e conseguimos entre todos que o vindeiro ano, o Día das Letras Galegas lle sexa adicado ao poeta guitiricense. A música de A LUS DO MUNDOEnviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 05:40
E se queredes ter á vosa disposición ás músicas que soan no documental A LUS DO MUNDO, aquí vos van os enlaces, para escoitalas ou descargalas: Fotos da estrea de A LUS DO MUNDOEnviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 05:20
Se queredes disfrutar das fotografías no photocall da estrea de A LUS DO MUNDO...
A LUS DO MUNDOEnviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 05:04
Xa está aquí! O documental feito polo alumnado do IES POETA DÍAZ CASTRO, xa está á vosa disposición en Youtube. Pero non é necesario que vos movades do voso sitio... Podedes velo aquí.
PresentaciónEnviado por admin o Mar, 04/06/2013 - 04:15
06/06/2013 00:15
06/06/2013 23:15
Etc/GMT+1
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta esta semana un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia. A presentación do documental será o próximo xoves 6 de xuño as 11.15 horas no salón de actos do IES Poeta Díaz Castro. Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. Sandra Tenreiro, a profesora de música é quen compuxo as cancións. Estamos moi satisfeitos do traballo realizado e cremos temos acadados con creces os nosos obxectivos: realizar un proxecto interdisciplinar, co maior número de alumnos e alumnas implicados/as e cunha aposta pola educación en competencias; mostrar as destrezas no tratamento da información e competencia dixital, avanzando na comprensión e interiorización da realidade social e cultural próxima, respectando o patrimonio cultural; e, sobre todo, mellorar a autoestima e confianza nun mesmo, así como incidir na asunción de responsabilidades, imprescindible para este tipo de traballo en equipo. Para a estrea do documental convocaráse a toda a comunidade educativa e ós participantes no mesmo, así como a representantes da cultura chairega e galega en xeral. Tralo pase inicial en Guitiriz, está planificada outra presentación no Centro Ágora da Coruña para o 11 de xuño e no que se interpretará a música do documental en directo. Parella á estrea comezarase unha campaña en redes sociais de divulgación da obra do poeta e de reivindicación de que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas.
( categories: )
Visita a SantiagoEnviado por admin o Mar, 04/06/2013 - 03:53
03/06/2013 08:30
03/06/2013 15:00
Etc/GMT+1
Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, o luns 3 de maio o alumnado de 2º de ESO (A e B) realizaron unha visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Nesta ocasión estiveron acompañados polas profesoras María José Fernández Gallego, Mª José Oreiro López e a orientadora, Saínza Bonome Carballés.
( categories: )
Viaxe didáctica pola Costa da MorteEnviado por admin o Ven, 31/05/2013 - 08:58
30/05/2013 00:30
30/05/2013 19:58
Etc/GMT+1
Como xa ven sendo tradición, o alumnado de 2º de Bacharelato, unha vez rematadas as súas clases e antes de lanzarse á preparación das probas de acceso á universidade, realizaron unha viaxe didáctica pola Costa da Morte. Acompañados/as por Alfredo Torres e Marisé Fernández, visitaron o Castro de Borneiro, o Ecomuseo de Buño, Castelo de Vimianzo, Faro de Cabo Vilán, Camariñas e outros lugares de interese.
( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |