portada30

Organigrama, Consello escolar, Equipo Directivo

Premio na Olimpíada de Matemáticas Galega 2021

O alumno Antón Figueroa Martínez de 2º Bacharelato, acadou o 3º Premio na Olimpíada de Matemáticas Galega 2021. Noraboa por este novo premio, a edición pasada acadou tamén o 3º Premio,  de parte de toda a comunidade educativa. Parabens!!!

Programa PROA +

No marco do programa PROA+,  a partir do vindeiro luns contamos no centro cunha nova docente para atender as necesidades de reforzo educativo no ámbito lingüístico da Formación Básica, 1º Bacharelato e tamén reforzar  a 2º  e  3º ESO. Dito docente desenvolverá as súas funcións dentro do horario lectivo excepto para 1º Bacharelato que será polas tardes

Antom Nieto titoriza as charlas sobre a convivencia.

O alumnado de 1º de bacharelato, titorizado polo profesor Antom Nieto, está dando unhas charlas sobre convivencia ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

O grupo Lavanda, coa súa música, axúdanos a superar a preocupación pola COVID 19.

Gloria Pavía, ex alumna do centro, e Andrés Real López, dous dos membros do grupo Lavanda, fixéronnos sentir orgullosos da súa música,que o grupo compartíu con nós antes de Nadal. Un festival atípico debido ás medidas de seguridade que tivemos que cumplir pola COVID 19.

Charlas da Policía Local para bacharelatos.

Os días 27 e 29 de xaneiro, 1 de febreiro, a policía local dará unha charla a cada grupo de bacharelato por separado, debido ao COVID. Titúlase: " TI CONTROLAS. TI DECIDES".

 

25 de novembro, día da violencia contra a muller.

O 25 de novembro fixemos unha pegada de cartéis referentes a esta temática.

Alumna gañadora do concurso de tarxetas de Nadal no 1º Ciclo da ESO.

Carla Sánchez Portos, de 1º ESO.

Alumno gañador do concurso de tarxetas de Nadal , no segundo ciclo da ESO.

Lois Figueroa Martínez de 3º da ESO.

Gañadora do concurso de tarxetas de 1º de bacharelato.

Lorena Ríos Gándara foi a gañadora de 1º de bacharelato.

Gañadora do concurso de tarxetas de 2º de bacharelato.

Valentina Galdino Di Yelsi foi a gañadora de 2º de bacharelato.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer