portada30

Organigrama, Consello escolar, Equipo Directivo

Xornada de Portas Abertas na EASD Mestre Mateo

Presentaranse, por Webex, as ensinanzas que se ofertan neste centro. A sesión será o martes 11 de maio ás 11:00 h. Posteriormente subirán un vídeo a Youtube para poder visualizalo cando se queira.

 

 

ÉXITO do ALUMNADO do IES de SAR no CERTAME "ILUSTRADAS" da Deputación da Coruña

 

Por segundo ano, hai que destacar o éxito do noso alumnado na participación, xunto con outros sete IES da provincia e a EASD Pablo Picasso da Coruña, no concurso “ILUSTRADAS” organizado pola Deputación da Coruña e PROMOVE .

Segundo o xurado, destácase a gran calidade de todas as obras presentadas.

Nunha primeira fase, das 109 obras presentadas polos 8 centros participantes, elixíronse, por parte dun xurado especializado, 50 ilustracións finalistas, que formarán parte do II Catálogo ILUSTRADAS, das cales, seleccionáronse 13 obras realizadas polo alumnado do IES de SAR:

Nerea Armán , Nerea Artímez , Julia Busto, Naiara Esparís, Agustina Nicole Itoiz , Laura Márquez,  Mariana Michels , Uxía Oliveira, Lucía Riveiro, Sara Rivera, Nerea Sande,  Doriana Siaba e Elvira Subiela.

Entre elas, segundo as bases do concurso, elixíronse  6 obras gañadoras e 5 máis con premios patrocinados das que foron seleccionadas 3 obras do IES de SAR:

2º Posto - Nerea Artímez.

 Posto - Elvira Subiela.

10º Posto - Julia Busto

NORABOA e PARABÉNS !!!!

A entrega dos premios e a presentación do II Catálogo ILUSTRADAS celebrarase a finais de abril.

Queremos agradecer o esforzo e excelente traballo de todo o alumnado que participou neste concurso que se reflicte nos resultados e a docente da materia Técnicas Gráfico-Plásticas Carmela Romay   que o fixo posible.

“A arte é unha aventura que nos leva a un mundo descoñecido ...

A nosa tarefa como artista é facer ver á xente como o vemos.” - Mark Rothko

 

 

DÍAS NON LECTIVOS.

Non hai clase os días 13, 14 e 17 de maio. 

O 13 é o día da Ascención.

O 14 é o día elexido polo centro.

O 17 é o día das Letras Galegas.

O IES DE SAR TAMÉN SE APUNTA A IMPRESORA 3D.

Impresora 3D

Programa para a detección de SARS-CoV-2.


Comunicámoslles que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Por este motivo, solicitamos a colaboración  do alumnado e as súas familias para que asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.


ENQUISA de CONVIVENCIA

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

O centro educativo establecerá as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Igualmente posibilitará que o profesorado e o persoal de administración e servizos poida acceder aos mesmos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitará, a través do propio alumnado e en carta persoal, as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion.

Conferencia "A boca da literatura", Manolo Rivas

Este venres,  9 de abril, temos a sorte  de contar con Manolo Rivas no noso centro. Daranos unha conferencia titulada A BOCA DA LITERATURA . Ecoloxía, compromiso, memoria serán as coordenadas coas que trazará o seu discurso literario. Será  ás 11:00 horas para o alumnado de Bacharelato na Biblioteca do centro.

Grazas a Valentia Galdino di Yelsi polo marabilloso cartel que fixo para o evento.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer