Skip to Content

Hoxe (25/11/2019) o alumnado de Química de 2º Bacharelato asistiu ao CIQUS, ás xornadas: "A investigación en química: ciencia creativa para un mundo mellor"

Hoxe o alumnado de Química de 2º Bacharelato asistiu ao CIQUS, ás xornadas: "A investigación en química: ciencia creativa para un mundo mellor". Durante a mesma, o alumnado realizou unha práctica de síntese orgánica, observou varios experimentos e coñeceu como se desenvolve a investigación nun centro de esta categoría. Moi motivador!

 

 

Prema na imaxe se quere ver ou descargar o resto das fotografías.

A alumna Andrea Ferrer Muñiz (de 1º BAC) Premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.

A alumna Andrea Ferrer Muñiz (de 1º BAC) obtivo o Premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.

Noraboa.

Colaboración entre o Concello e o IES de Poio en proxectos europeos.

A Concelleira de Educación Raquel Rodríguez mantivo unha reunión coa directora do IES de Poio para tratar o tema da colaboración entre o Concello de Poio e o instituto en materia de proxectos europeos eTwinning e Erasmus+.

O IES de Poio ven participando desde o curso 2009/2010 en proxectos europeos eTwinning tengo obtido Selos de Calidade Nacioanais e Europeos así como dous Premios Nacionais e un Premio Europeo.

Asimesmo o IES de Poio foi seleccionado para dous proxectos de Asociación escolar Erasmus+. O segundo deles, OPTIME; está a desenvolver o segundo ano de actividade. 

O Concello colabora desde o comezo en actividades dos proxectos eTwinning e Erasmus+ así como en materia de difusión.

A Concelleira visitou a un dos grupos que traballa este ano nun proxecto europeo,  o grupo de Cultura clásica de 3º de ESO que lle presentou o seu proxecto Equi-eTwinning.

Selo de Calidade Europeo eTwinnning

 

O proxecto europeo eTwinning desenvolvido polo alumnado de Latín de 4º ESO durante o curso 2018/2019  que tiña acadado o Selo de Calidade Nacional, ven de ser distinguido co  Selo de Calidade Europeo.

No proxecto participaron o IES de Poio e centros de Poloña, Italia, Francia, Islandia así como doutras comunidades do noso país.

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Tal e como se recolle no calendario escolar para o curso 2019-2020, publicado pola Xunta de Galicia, mañá xoves 31 de outubro é o Día do Ensino. Polo tanto non haberá clase.

Atentamente

 

O equipo directivo

Anímate a facer Ciencia!

O alumnado de 4º da ESO do IES de Poio tivo o curso pasado a oportunidade de participar por primeira vez na feira científica da Galiciencia organizada na Tecnólope (San Cibrán de Viñas, Ourense). O entusiasmo e a ilusión amosada polo noso alumnado nesa visita, especialmente polas rapazas, fixo que, neste novo curso, un grupo de profesorado do centro nos propoñamos poñer en marcha un Club de Ciencia.  
 
A iniciativa deste proxecto parte da estratexia da Consellería de Educación por promover as vocacións STEM entre o alumnado galego e, ao mesmo tempo, pretende dotalos dos recursos e ferramentas precisas para o bo uso da tecnoloxía.
 
Coa implantación do Club de Ciencia, a comunidade educativa, avalada polo equipo directivo, pretende incentivar o interese pola Ciencia no noso alumnado, procurando dese xeito a mellora do rendemento académico e a redución do abandono escolar.
 
 
 

Entrega de carnés TEI

ENTREGA DE CARNÉS TEI
O xoves 18 de outubro tivo lugar no salón de actos do instituto, o acto de entrega de carnés ao alumnado de 3º de ESO que vai ser titor ou titora dos compañeiros de 1º de ESO neste curso escolar.

Se queres ver todas as fotografías, fai clic na imaxe.

 

PROTOCOLO ENTRADA / SAÍDA DO CENTRO

 

Nas entradas e saídas do Centro a prioridade é dos alumnos/as transportados e por tanto, dos autobuses. Os coches particulares deben circular con precaución e non estacionar en zonas non permitidas.

Á saída (14:30 horas todos os días e ás 18:10 horas do luns) os coches particulares non poden estar na zona destinada aos autobuses, xa que entorpecen a maniobrabilidade dos mesmos e poñen en perigo ao alumnado que se dirixe hacia eles.

Os pais/nais que veñan en coche deben esperar a que saian todos os autobuses.

Distribuir contido


by Dr. Radut