Skip to Content

ESO

Teorema de Tales

 

Aquí está o Teorema de Tales que tendes que cantar o luns os de 2ºB.  ...A practicar!  -sobre todo a letra-.

Boa fin de semana

Soneto para comezar un outono sen tristuras

 

Galicia é un outono puro e bon,
un río que decorre mansamente,

lume abrasador, fértil semente,
futuro presentido e en sazón.

E foi labrando o tempo-luz-paixón,
o seu ser escuro e trascendente
l
uíndo o corazón de toda a xente
e conformando a terra e o terrón.

Galicia é unha agarda moi madura
que non permite prazos, dilacións,

estancamento, freo ou coutadura.

¡Abonda xa de laios e cancións!
Non queremos ser ríos de tristura
correndo pola vida a tropezóns!

Manuel María

 

PARA 2ºESO:
Entre as palabras de significado novo, non esquezas buscar a definición de SONETO. E na redacción da descrición dunha paisaxe que non falten os adxectivos (tamén deses epítetos dos que falamos).

Desafío para o próximo martes

 

O periódico "EL Pais" leva moitas semanas propoñendo desafíos matemáticos. Este é o que corresponde a esta semana: un problema de operacións con números moi grandes. Probamos?    

                (..uuuuuy!, non parece doado)

Autorización - Sección bilingüe

En consonancia coas consideracións da Comisión Europea, o I.E.S. MUGARDOS quere dar un impulso na utilización das linguas extranxeiras por parte dos seus alumnos/as, polo que o Departamento de Educación Física xunto có do inglés, participa dende o curso 2009/2010 nas chamadas seccións bilingües.

Coa finalidade de garantizar a calidade deste proxecto, coménzase no primeiro curso da ESO con 15 alumnas/os, é a incorporación da lingua extranxeira faise progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo da ensinanza secundaria.

Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente nesta materia, recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunca sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico.

Se quere que a súa filla/o participe nesta sección bilingüe ten que cubrir unha autorización e entregala xunto coa matrícula no Instituto.

No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, atenderase o expediente académico.

 

 

AUTORIZACIÓN - SECCIÓN BILINGÜE________________________________________________________________________

D./Dona. .....................................................................................................................

Nai/pai/titor/a de ........................................................................................................

Desexo que o meu fillo/a participe na sección bilingüe de inglés na área de Educación Física.

En Mugardos, a de de 20

 

 

Asdo: __________________________

 

 

Acceso e matrícula (ESO)

O alumnado incorporarase, con carácter xeral, ao primeiro curso da educación secundaria obrigatoria, de acordo coas normas de promoción a estas ensinanzas, unha vez cursada a educación primaria, no ano natural en que cumpran os doce anos de idade, agás nos seguintes supostos:

a) Alumnado que permanecese un ano máis na educación primaria en virtude do establecido nas normas de promoción de ciclo destas ensinanzas.

b) Alumnado con altas capacidades intelectuais aos cales se lles flexibilizase o inicio e/ou a duración da educación primaria.

c) Alumnado con necesidades educativas especiais que prolongase a súa escolarización na educación primaria en centros ordinarios un ano máis do previsto no apartado a).

d) Alumnado que se incorpore tardiamente ao sistema educativo español, de acordo co establecido neste decreto.

 - - - O O O - - - 

A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN SÓ TEN NESTA PÁXINA UN VALOR INFORMATIVO. DEBE SER REVISADA NA SECRETARÍA DO CENTRO SEGUNDO AS ACTUALIZACIÓNS QUE SE INTRODUCEN TODOS OS CURSOS.

Documentación e impresos de matrícula. ACTUALIZACIÓN: 3 de xullo de 2017

 

Sobre de matrícula
1º ESO

  • Impreso de matrícula.
  • Fotocopia do DNI ou do Libro de Familia.

  • Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

  • Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

  • Certificación académica (se non procede do CEIP Unión Mugardesa ou do CEIP Santiago Apóstolo).

  • Informe médico (só alumnado de primeira matrícula no centro).

 

Sobre de matrícula
2º ESO
+

  • Impreso de matrícula.

  • Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos pordetrás.

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

  • Fotocopia do DNI.

  • Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

  • Informe médico.

 

Sobre de matrícula
3ºESO
+

  • Impreso de matrícula.
  • Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

  • Copia do pagamento do Seguro Escolar: 1,12 euros na conta do Banco Pastor número 0072 – 0120 – 92 -0000100956

 

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

 

  • Fotocopia doDNI.

  • Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

  • Informe médico.

 

Sobre de matrícula
4ºESO
+

  • Impreso dematrícula.
  • Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

  • Copia do pagamento do Seguro Escolar: 1,12 euros na conta do Banco Pastor número 0072 – 0120 – 92 -0000100956

 

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

 

  • Fotocopia doDNI..

  • Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

  • Informe médico.

 

 
           
 

Sobre de matrícula
1ºBAC
+

  • Impreso de matrícula.
  • Fotocopia doDNI.

  • Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

  • Copia do pagamento do Seguro Escolar (1,12 euros na conta doBanco Pastor número 0072 – 0120 – 92 -0000100956

  • Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

  • Certificación académica (se procede doutrocentro).

  • Informemédico(só alumnado de primeira matrícula no centro).

Sobre de matrícula
2ºBAC
+

  • Impreso de matrícula.
  • Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

  • Copia do pagamento do Seguro Escolar (1,12 euros na conta doBanco Pastor número 0072 – 0120 – 92 -0000100956

 

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

 

  • Certificación académica

  • Fotocopia doDNI.

  • Informe médico.

 

     
           
  Impreso de matrícula
ESA

Impreso de matrícula

FP Básica

     

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

Distribuir contido


by Dr. Radut