FAMILIAS - ANPA O Castro
|
TIC, Nova tecnoloxías
Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais
Enviado por admin o Mér, 07/02/2024 - 22:13
Baixo o título de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, o alumnado de 2.º ESO asistiu hoxe no Salón de Actos a unha charla enmarcada dentro do programa da Consellería de Educación e mais a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Con esta actividade preténdese reforzar a competencia básica dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explícar os conceptos de identidade e pegada dixital, e afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre a rapazada. Tamén se ofrecen ferramentas e se explican recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Incorporación ao proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL)
Enviado por admin o Ven, 21/07/2017 - 18:18
O IES de Mugardos foi admitido para participar no proxecto EDIXGAL,
a partir do curso 2017-2018, en 1.º e 2.º ESO
Ao alumnado destes cursos proporcionaráselles de xeito gratuíto un ordenador convertible de 12 polgadas para acceder na aula e na casa ao un denominado Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA). Nela atoparán os recursos dixitais fornecidos pola Consellería ou creados polo profesorado. Trátase principalmente de libros dixitais e actividades interactivas. Unha das consecuencias desta incorporación ao programa EDIXGAL é a exclusión do alumnado de 1.º e 2.º ESO da participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto. Non obstante, os libros de texto cos que conta o centro e as familias tamén se poderán empregar como complemento e apoio. Por outra banda, manténse o dereito á axuda para adquirir material escolar. O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet coas claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Tamén existe a posibilidade de utilizar na casa o mesmo ordenador portátil que se emprega na aula mediante unha solitude de préstamo. As familias comprometeranse ao coidado e correcta utilización do equipamento coa finalidade educativa para o que é cedido. A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados é gratuíta. O alumnado pode acceder ao material dixital tanto a través dunha conexión a internet (online) como dende o seu ordenador portátil (offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión á rede desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o ordenador volva ter conexión de rede.
Información sobre o proxecto EDIXGAL no Espazo Abalar Entorno virtual de aprendizaxe (EVA) (usuario: edixgal; contrasinal: edixgal) Convocatoria do Proxecto Educación Dixital EDixgal para o curso 2017/2018 |
Proxecto Abalar - Espazo Familias
Enviado por admin o Ven, 26/08/2011 - 16:06
Portal Espazo Familias
Para acceder ao Portal do Espazo Abalar é necesario estar autenticado: Por DNI Electrónico En caso de dúbidas, son moi útiles os seguintes Vídeos explicativos. |