blogue deadmin
Día da Paz
Enviado por admin o Dom, 07/02/2021 - 15:29Mención de Honra na Olimpíada Matemática
Enviado por admin o Lun, 25/01/2021 - 11:21Un ano máis, o departamento de matemáticas participou na Olimpíada Matemática Galega. Nesta ocasión asistiron as alumnas de 1.º bacharelato Isabel T., Emma V.
e de 2.º, Carla A. e Juan P. Os docentes foron Alberto L. e María C., acompañados na fotografía pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Parabéns a todos e todas as participantes e en especial pola Mención de Honra para Juan Pena.
05 Circular caso covid (20 de xaneiro)
Enviado por admin o Xov, 21/01/2021 - 00:02
Conferencia de Vicente Garrido
Enviado por admin o Mér, 20/01/2021 - 22:59O alumnado de bacharelato conectou esta mañá co psicólogo e criminalista Vicente Garrrido.
04 Circular caso covid (15 de xaneiro)
Enviado por admin o Ven, 15/01/2021 - 21:08Calendario de cine 2021
Enviado por admin o Dom, 27/12/2020 - 14:01A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.
O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.
22 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 13:53Estimadas familias:
Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.
Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.
Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.
Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro.
Boas Festas e Mellor 2021.
Resultados do proxecto "ConóceME. Conoce el medicamento/descubre al farmacéutico"
Enviado por admin o Dom, 22/11/2020 - 23:40
|
Recentemente veñen de facerse públicos os resultados do proxecto "CONÓCEME conoce el medicamento/descubre al farmacéutico" na provincia da Coruña. Trátase dun estudo de investigación coas garantías técnicas da SEFAC (Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria) e no que puido participar o curso pasado o noso alumnado de bacharelato. Os datos presentados demostran que a intervención educativa sobre o uso de medicacmento é necesria e moi útil. Ademais, evidencias ata que medida os adolescentes son usuarios de medicamentos. Agradecemoslle á farmacéutica comunitaria en Mugardos Nina Villasuso a súa implicación neste proxecto e a educación científica do noso alumnado.
|
03 Circular caso covid (20 de novembro)
Enviado por admin o Ven, 20/11/2020 - 15:31
A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que o día de hoxe, Na circular informativa acharán a información necesaria.
|
02 Circular caso covid (6 de novembro)
Enviado por admin o Ven, 06/11/2020 - 12:41A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que ata o día de hoxe, 6 de novembro, están confirmados dous casos da Covid-19.
Na circular informativa acharán a información necesaria.
Premio "Decora a túa máscara"
Enviado por admin o Mar, 03/11/2020 - 22:54
PREMIO Máscara máis terrorífica Fátima Pereira 1.º ESO |
PREMIO Máscara máis creativa Faia Varela |
01 Circular caso covid (3 de novembro)
Enviado por admin o Mar, 03/11/2020 - 16:02A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que hoxe, 3 de novembro, confirmouse un caso da Covid-19.
Na circular informativa acharán a información necesaria.
Entrevista coa alumna Emma Vázquez (1.º Bach.)
Enviado por admin o Lun, 19/10/2020 - 20:47
No Telexornal da TVG de hoxe foi noticia a alumna Emma Vázquez (1.º Bacharelato) pola súa participación no programa educativo Advanced Talent Training, que este ano está a substituír as estadías en Canadá e EEUU das bolsas de estudos da Fundación Amancio Ortega. Emma explicou na gravación da entrevista no noso centro algúns contidos e actividades que está a desenvolver. O programa educativo está deseñado polo Mo Massachusetts Institute of Technology (MIT) y la Universidad de Cambridge.
Ver nova no Telexornal Mediodía, 19 de outubro
Obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental
Enviado por admin o Xov, 08/10/2020 - 19:10Hoxe rematamos as sesións por vía telemática do obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental. O alumnado de 1.º bacharelato recibiu formación teórica e exemplos prácticos sobre emocións, estrés, ansiedade, dependencias, tecnoloxías e lecer.
Este proxecto deseñado por novos profesionais da psicoloxía e pedagoxía recibiu un premio da Xunta de Galicia para xóvenes emprendedores. Grazas Rebeca e Diego pola iniciativa. Agora seguirémosvos na rede.
Contacontos: Virginia Imaz
Enviado por admin o Sáb, 03/10/2020 - 11:37Aproveitando o paso por Mugardos da recoñecida artista Virginia Imaz, pallasa profesional e fundadora da compañía Oihulari Klown, o alumnado de 1.º ESO puido gozar dunha sesión de contacontos moi especial. Desenvolveu narracións orais cunha linguaxe directa para facer pensar sobre a igualdade e a convivencia. Reflexión e humor para darlles a benvida a unha nova promoción que comeza este curso a súa andaina polo instituto.
A sesión, organizada polo departamento de Orientación, realizouse coas medidas de adaptación á situación covid.
Comezo da actividade lectiva
Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 19:02A incorporación ás aulas será gradual. Estas son as datas e horario de comezo das clases por niveis:
-
GRUPOS
DÍA E HORA
Observacións
Circular 01
1.º ESO
2.º ESO
1.º Bacharelato
Mércores, 23 de setembro
12:30 -14:25 horas
- Obrigatorio o uso de máscara e traer recambio.
- Funcionará transporte escolar para as horas de incorporación nas paradas habituais.
- Traer material de apuntamento propio (papel e boli).
- Cada grupo comezará o día sinalado e asistirá ao día seguinte desde primeira hora.
- O alumnado de 1.º e 2.º ESO non debe traer teléfono móbil ao instituto.
- Os familiares e acompañantes non poden entrar no recinto escolar.
3.º ESO
2.º Bacharelato
Xoves, 24 de setembro
8:45 - 14:25 horas
4.º ESO
FP Básica I e II
Venres, 25 de setembro
8:45 – 14:25 horas
A escola de Atenas (Xogando coa arte)
Enviado por admin o Ven, 26/06/2020 - 19:46Queremos rematar este curso inusual dun xeito especial, con moita arte e moito humor;
volveremos con máis forza o curso seguinte.
Graduación 2.º bacharelato, promoción 2018-2020
Enviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 13:37
As circunstacias especiais deste curso obrigaron a converter o trámite de entrega de notas nun simple acto de despedida dos novos titulados de bacharelato. Parabéns aos flamantes bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Tamén houbo un recoñecemento ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar, representados nos últimos titores Ofelia Lubián e Telmo de Paz. O noso agradecemento, igualmente, para todas as familias que nos confiaron unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Salientamos a mención das dúas matrículas de honra a María Manuela Pérez Coira e Iria Fernández Fornos nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, respectivamente.
Para a lembranza futura deste ano: ánimo e saúde!!!
Fin de curso: 2.º Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 09/06/2020 - 13:532.º Bacharelato
Martes, 9 de xuño (20:00 horas) |
Publicación de cualificacións en AbalarMóbiles prevista a partir das 20:00 horas |
Mércores, 10 de xuño | ABAU
Matrícula no centro Documentación Calendario |
10:00 horas |
|
10:30 horas |
RECLAMACIÓNS |
10 e 11 de xuño (ata as 14:00 horas) Cita cos docentes para consultas e revisión o día 11 |
ÚLTIMAS CLASES PREPARATORIAS - ABAU |
Semana do 15 ao 19 de xuño |
Horarios de regreso ás clases a partir do 25 de maio (2.º de bacharelato)
Enviado por admin o Sáb, 23/05/2020 - 14:05Regreso á actividade lectiva presencial do alumnado de 2.º Bacheralato
Enviado por admin o Xov, 21/05/2020 - 19:12Estimadas familias:
Unha das medidas xa anunciadas oficialmente, no caso de pasarmos á Fase 2, é a reapertura dos centros educativos. Isto significa o retorno á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato.
Gustaríanos salientar precisamente o carácter voluntario para o alumnado e as familias que decidan enviar os seus fillos/as ao instituto. O único caso no que está expresamente prohibido a incorporación ás aulas é precisamente o das persoas con síntomas compatibles con covid-19 ou que estean en illamento domiciliario por este motivo.
Para tomar a súa decisión transmitímoslle a seguinte información relativa ás medidas de seguridade e protocolo de medidas de prevención.
O IES de Mugardos abrirá as súas portas para a docencia presencial unicamente ao alumnado de 2.º bacharelato entre o 25 de maio e o 8 de xuño. O 9 de xuño realizarase a sesión de avaliación docente; o 10 de xuño publicaranse en AbalarMóbiles e entregaranse no centro os boletíns de notas co seguinte período de reclamacións e matrícula na ABAU, de ser o caso. E como xa se vén facendo en cursos anteriores, a seguinte semana impartiránse clases preparatorias para probas de acceso á universidade.
No momento de escribir esta circular temos a noticia de que non haberá transporte escolar. Cremos que é un asunto importante e intentaremos informar antes da fin de semana se se autoriza este servizo.
O profesorado cumprirá o seu número de horas semanais, coas excepcións contempladas legalmente para as persoa vulnerables e en situación de risco.
Por razóns de desdobramento de grupos e reducir o número de alumnos/as por aula e mellor cumprimento das medidas de protección, os horarios lectivos serán adaptados. Pode atopar un exemplo provisional para o primeiro día no documento achegado.
En nome do conxunto do claustro de profesores/as transmítolles que nos gustaría contar coa asistencia do maior número de alumnos/as posibles. A dirección do IES de Mugardos cre que é recomendable esta volta ás aulas coas garantías das medidas de hixiene, seguridade e protección que resumimos de seguido.
Atentamente,
____________________________
Medidas de hixiene, seguridade e protección
Día das Letras Galegas, 2020
Enviado por admin o Dom, 17/05/2020 - 13:50O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos.
O autor naceu e criouse no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere, entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de entrega ao país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.
Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.
Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto do prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato.
Blog: Lecturamos
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »