Bolsas de axuda ao estudo do Ministerio de Educación Curso 2024/2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ven de publicar a convocatoria de becas para o vindeiro curso 2024/2025.

Existen axudas económicas tanto para ensinanzas  universitarias como para non universitarias que inclúen, entre outras, ESO, Bacharelato e FP. Para ver un resumo, preme sobre esta ligazón.

O prazo de solicitude vai do 19 de marzo (9:00) ao 10 de maio (15:00) de 2024.

As solicitudes deben tramitarse a través da SEDE ELECTRÓNICA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

Podes ver toda a información sobre a beca e os trámites premendo nesta ligazón á páxina informativa do Ministerio. 

Menú comedor escolar abril 2024

 

 

 Para consultar o menú do comedor escolar do mes de abril de 2024, prema sobre a ligazón.

GALERÍA DE IMAXES

Lembrámosvos que podedes atopar fotos das actividades que imos realizando no centro na galería de imaxes, á que podedes acceder desde o botón situado na parte superior desta páxina, ou picando neste enlace.

Obtención do Certificado de Competencia Dixital

Información relacionada coa obtención voluntaria do Certificado de Competencia Dixital para o alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato.

 

O alumnado de 2º de Bacharelato que titule, certificará os niveis 1, 2, 3 e 5 de competencia, porén, poderá atopar o nivel intermedio de competencias realizando unha proba que acredite a obtención do nivel 4. Duración 20 min. Nº preguntas: 12. Realización: mes de abril no centro.

O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Non obstante, aínda que poderá obter o nivel intermedio en 2° de Bac., pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas (12 por competencia) que durará 90 minutos. Realización: mes de maio no centro.

As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.

- Marco de Competencias que se acreditan.         

Distribuir contido